Un profesor da Escola Politécnica de Ferrol di que o peche da central térmica de Endesa nas Pontes "é inevitable"

Manuel Lara Coira asegura que a xeración de enerxía eléctrica con carbón "pinta mal".

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 22/11/2019 | Actualizada ás 16:59

Comparte esta noticia

O profesor da Escola Politécnica Superior (EPS) da Universidade da Coruña (UDC) Manuel Lara Coira asegurou que a xeración de enerxía eléctrica con carbón "pinta mal", xa que estimou que "é inevitable" o peche da central térmica das Pontes "debido a que non van resultar rendibles para a xeración eléctrica, a consecuencia da suba dos custos das emisións".

O profesor da Escola Politécnica Superior (EPS) da Universidade da Coruña (UDC) Manuel Lara Coira, nun acto en Ferrol.
O profesor da Escola Politécnica Superior (EPS) da Universidade da Coruña (UDC) Manuel Lara Coira, nun acto en Ferrol. | Fonte: Europa Press

O docente destacou que "desde o ano 2002 se sabía que o fin da economía do carbón tiña data, e isto o que xera é un problema social, moi gordo, que se foi manexando, quero supor, coa mellor intención do mundo e onde todos os gobernos foron toureando".

Estas manifestacións realizounas o profesor universitario do Campus de Ferrol dentro do ciclo 'Conversas no Parador', que organiza o Club de Prensa de Ferrol no Parador de Turismo desta cidade, nunha disertación que levaba por título 'Transición Enerxética e a súa repercusión en Galicia'.

"Vivimos continuas reclamacións de Bruxelas dicíndonos que tiñamos que ir acabando con isto [a produción con carbón], pero un goberno, outro goberno... e chegamos ao ano 2012 que era a data final, pero tampouco a cumprimos", manifestou e que isto levou a outro escenario.

"Xa que as instancias técnicas e políticas non deron resultado, imos tocar a que sempre funciona, a económica", destacou Lara Coira, quen engadiu que "estas centrais van pechar porque non van resultar rendibles, tras a suba dos custos das emisións".

VARIOS CULPABLES

O profesor universitario, convidado o Club de Prensa de Ferrol, destacou que no caso das empresas eléctricas teñen unha actitude de que "mentres me deixen botar fume eu voulle dando".

"Os políticos están, ademais, de acordo porque pola contra se van a atopar cunha chea de xente que queda sen ter que facer, como pasou primeiro coa minaría, que se solucionou importando carbón, pero agora o problema é das propias centrais con todo o que teñen ao seu arredor, como é o caso do transporte", engadiu.

Así mesmo, Manuel Lara destacou que "isto, a única forma de estiralo un pouco é que os que pagamos, paguemos máis", unha solución que mostrou como non moi satisfactoria.

En canto á utilización de combustibles alternativos para combinar co carbón, estima o profesor que "esta idea queda ben, pero cando se deseña unha central térmica de carbón deséñase para isto, cuns caudais, unhas temperaturas e cambialo para iso é moi complicado".

RENOVABLES

Manuel Lara Coira apuntou que as enerxías renovables, como son as eólicas, solar e hidráulicas, representan a día de hoxe "aproximadamente un 40% do total do combinado" e que o principal problema "é como se pode almacenar esta enerxía que en moitas ocasións se  xera de maneira puntual".

Tamén puxo enriba da mesa unha solución que desde o seu punto de vista axudaría a facer mais eficiente o sistema eléctrico, coa "interconexión de todas as redes", xa que asegurou que "estas limitacións nos afectan tamén moito".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta