Gonzalo Caballero insta o PP a pór fin aos pactos "cunha ultradereita que nega a violencia machista"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2019 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou ao Partido Popular a pór fin aos pactos "cunha ultradereita que nega a existencia da violencia machista".

Xornadas de Igualdade organizadas polo PSdeG en Santiago de Compostela
Xornadas de Igualdade organizadas polo PSdeG en Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

O xefe de filas dos socialistas galegos participou este venres nunha mesa coloquio organizada polo PSdeG con motivo do 25 de novembro, Día internacional pola eliminación da violencia contra a muller.

"Non se pode frivolizar con esta cuestión", manifestou Gonzalo Caballero antes da apertura desta xornada, moderada pola vicesecretaria xeral de Igualdade do PSdeG, Icía García.

Na súa intervención, ademais, Gonzalo Caballero lembrou as mulleres asasinadas pola violencia machista este ano en 2019.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta