Morre o condutor dun vehículo tras saírse da vía en Riós

O accidente tivo lugar na estrada N-525.

Por E.P. | OURENSE | 26/11/2019 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

O condutor dun vehículo faleceu na mañá deste martes ao saírse da vía o vehículo que conducía no termo municipal de Riós.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, o sinistro tivo lugar sobre as 9,33 horas no quilómetro 151 da estrada N-525 ao seu paso pola zona das Ferreiras no municipio de Riós.

Como o condutor accidentado estaba atrapado no vehículo que se saíu da vía e acabou nunha cuneta, foron mobilizados os Bombeiros de Verín, que procederon a excarceralo.

Foron mobilizados, ademais, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES da Gudiña, Garda Civil de Tráfico e a Policía Local.

Estrada
Estrada | Fonte: Wikimedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta