Un incendio causa danos nun centro emisor de telecomunicacións en Parada de Sil

Un problema eléctrico apúntase como a posible causa da orixe do lume.

Por E.P. | OURENSE | 26/11/2019 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

Un incendio rexistrado na mañá deste martes nun centro emisor de telecomunicacións no municipio de Parada de Sil causou danos materiais nas instalacións.

Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 9,20 horas deste martes era informado dun incendio no almacén dun centro emisor de telecomunicacións situado no Cumio do Monte Meda, no alto do Rodicio, que estaba cheo de fume.

Por parte do 112 Galicia, despois de recibir o aviso, informouse os membros do GES de Castro Caldelas, á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil.

Tras chegar ao lugar e atallar o lume, os efectivos de Protección Civil deron por finalizadas as tarefas de extinción e procederon a ventilar o local. En concreto, confirmaron que arderan cables, algún moble de madeira e diversos equipos electrónicos en desuso que se almacenaban no interior do local.

As mesmas fontes puntualizaron que un problema eléctrico se apunta como a posible causa da orixe do lume.

O servizo de bombeiros da Coruña incorpora un sistema de comunicacións digit. CONCELLO DA CORUÑA
O servizo de bombeiros da Coruña incorpora un sistema de comunicacións digit. CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta