Traballadores e alcalde das Pontes piden respostas ante o futuro da central

González Formoso acusa a Enel de "faltar ao respecto a todos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2019 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

Representantes dos traballadores e o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso (PSOE), urxen a Endesa e ao Ministerio de Transición Ecolóxica a aclarar o resultado das probas feitas para coñecer a viabilidade da a central térmica deste municipio coruñés con combustibles alternativos ao uso de carbón.

O alcalde das Pontes de García Rodríguez acusou ao grupo Enel, propietario de Endesa, "de faltar ao respecto a todos os aquí presentes, á Xunta e ao Gobieno de España" por non convocar á mesa constituída á que a compañía "se comprometeu a trasladar os resultados desas probas".

Así se expresou este mércores no Concello, onde compareceu ante os medios de comunicación cos integrantes do comité de crise que pide unha transición xusta e no que están representados partidos políticos, sindicatos, comité de empresa de Endesa, comerciantes, empresarios e transportistas.

Pola súa banda, en declaracións a Europa Press, o presidente do comité de empresa da central das Pontes, Luís Varela (UGT), explicou que "oficialmente" non teñen coñecemento do resultado das probas, máis aló de "o publicado en medios" de que non son viables.

"Con todo, nós sabemos desde dentro que a máquina funcionou e puidéronse queimar residuos sen ningún problema", sostén Varela. Sinala que "non hai ningún produto coa viabilidade como o carbón", "pero iso non significa que non se poden queimar outras" materias coas que funcionar. Nesta liña, Alberte Amado, da CIG, esixe unha reunión co Ministerio e a empresa para que "se aclare" que ocorre coas probas, xa que "formalmente" non teñen comunicación.

CRÍTICAS A ENEL

"Queremos manifestar a rabia e indignación que sentimos respecto de Enel. Apuntamos directamente á cabeza pensante de todo isto, que é o conselleiro delegado, Francesco Starace", censurou o alcalde das Pontes.

Concentración de traballadores de auxiliares da térmica das Pontes.
Concentración de traballadores de auxiliares da térmica das Pontes. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta