A economía galega cae a cifras anteriores a 2014

O PIB rexistra un incremento do 0,3

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2019 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

O produto interior bruto (PIB) galego continúa coa súa retardación ao rexistrar un incremento do 0,3% no terceiro trimestre en relación co tres meses anteriores.

Segundo os datos que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística (IGE), a economía galega creceu ao 1,7% en taxa interanual, un aumento inferior ao experimentado en trimestres anteriores. De feito, descende a cifras que non había desde o ano 2014.

No primeiro trimestre de 2019, o ascenso do PIB de Galicia foi unha décima superior, é dicir, do 0,4%, e a subida anual situábase no 2,3%. Unhas cifras que descenderon nos últimos meses.

Con todo, hai un repunte das exportacións de bens e servizos no terceiro trimestre tras as caídas anteriores, cunha alza do 5,9% respecto ao trimestre anterior e do 0,8% interanual. As importacións de bens e servizos tamén se elevan no terceiro trimestre, un 6,8% máis fronte ao tres meses anteriores, así como un 3,4% máis interanual.

Pola súa banda, soben o gasto en consumo final (+0,8% trimestral e +3,3% interanual), a formación bruta de capital baixa no intertrimestral (-0,1%) e increméntase o interanual (+1,6%). A demanda interna tamén aumenta (+0,6% intermtrimestral e +2,9% interanual).

En canto ao emprego por ramas de actividade (postos de traballo equivalentes a tempo completo), Galicia rexistrou un aumento do 0,8% o terceiro trimestre do ano. A cifra máis baixa nos últimos trimestres.

Retardación na economía galega.
Retardación na economía galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Riolo

En cambio la economía de Pontona, Eva Solla, Bieto Lobeira, Rego, Feijóo, Baltar, Santalices y demás sigue por las nubes.