Un conductor borracho é arrastrado por unha locomotora en Bergondo

O estado ebrio do home dificultou o seu rescate.

Por Galicia Confidencial | Bergondo | 01/12/2019 | Actualizada ás 10:49

Comparte esta noticia

Un conductor mozo resultou ferido ás 04.55 horas deste domingo ao ser arrastrado o vehículo no que se atopaba por unha locomotora de traballos no lugar de Baldomir, Guísamo. O home estaba en estado ebrio o que dificultou, mesmo, o seu rescate. Afortunadamente só foi atendido por un golpe na cabeza.

Paso a nivel nun lugar urbano
Paso a nivel nun lugar urbano | Fonte: Youtube

O operativo para o rescate do condutor activouse pouco antes do cinco desta madrugada, cando o 112 Galicia recibiu o aviso dos equipos de seguridade de Renfe, que advertiron do impacto dunha locomotora de traballos e un coche. Tamén sinalaron que no interior do vehículo había unha persoa posiblemente ferida. Até o lugar do sinistro acudiron os servizos sanitarios de urxencia, Protección Civil de Bergondo e os Bombeiros de Arteixo.

A causa do accidente cortouse o tráfico ferroviario na liña que une A Coruña e Monforte ata que poidan retirarse os vehículos sinistrados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta