O comité da planta de lixos da Coruña mantén en pé a folga indefinida

A empresa levou a cabo un expediente de regulación de emprego temporal(ERTE) para o 40 por cento do persoal a partir do ano que vén.

Por E.P. | A CORUÑA | 05/12/2019 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

O comité de empresa da planta de tratamento de lixos da Coruña --que xestiona a empresa Albada-- mantén a partir do domingo, ás 22:00 horas, a folga indefinida que convocou despois de que a empresa decidise non recoller os residuos dos concellos pertencentes ao Consorcio das Mariñas e levar a cabo un expediente de regulación de emprego temporal (ERTE) para o 40% do persoal a partir do un de xaneiro.

A CIG nunha rolda de prensa
A CIG nunha rolda de prensa

Así o informou aos medios de comunicación o secretario comarcal da CIG, Xavier Filgueira, que actuou como portavoz do comité tras unha reunión, no Consistorio coruñés, coa alcaldesa, Inés Rey.

Sobre o contido do encontro, dixo que lle trasladaron ao goberno local que "a maneira de paralizar a pretensión de Albada é que o Concello utilice os seus mecanismos", sinalou ao pedir o rescate da concesión. "A intervención ou o secuestro", dixo, debe recoller non só os residuos da Coruña se non tamén dos municipios limítrofes que forman parte do Consorcio.

Da reunión, sinalou tamén que por parte do goberno local se lles comunicou que puxeron en marcha "os mecanismos xurídicos" e que imporán multas diarias á empresa se mantén a súa postura. "E que actuará de maneira proporcional en función das circunstancias", expuxo o portavoz do comité, quen asegurou que, neste contexto, non ven "motivos" para desconvocar a folga indefinida convocada a partir do domingo, día 8.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta