En Común confía en que antes do Nadal haxa un goberno "de esquerdas e con Galicia dentro"

Yolanda Díaz, que figura nas quinielas para ser ministra, apela a que os deputados electos por Galicia "exerzan como galegos" nas Cortes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2019 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

En Común confía en que antes de Nadal se produza a investidura de Pedro Sánchez como presidente dun goberno "de esquerdas" e que teña "a Galicia dentro", aínda que matizan que "o fundamental" son "as políticas" e non "as persoas" que ocupen o Consello de Ministros.

Este xoves, os dous deputados da coalición, Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz, ofreceron unha rolda de prensa en Santiago, onde apelaron a que debe pecharse a investidura "canto antes" para "empezar a resolver os problemas da xente".

"Os colectivos sociais necesitan canto antes a conformación dun goberno que vai ser progresista", incidiu Díaz, quen figura nas quinielas para converterse en ministra.

"Dixemos en campaña que Galicia en Común ía ser decisiva no próximo goberno. É unha boa noticia que isto se vexa en camiño", remarcou a deputada, que apelou aos deputados electos por Galicia das distintas forzas políticas "a exercer como galegos e galegas no Congreso" e "traballar nos temas de país".

Para Díaz, Galicia "ten unha oportunidade" se finalmente sae adiante o goberno de coalición entre Unidas Podemos e PSOE, que, como augurou, será "complexo, múltiple e que vai ter moitos actores". Con todo, considera que a votación dos membros da Mesa do Cogreso mostra "o camiño que hai que transitar" para que ese executivo teña "estabilidade" tanto no Consello de Ministros como no Congreso.

"Levamos catro anos levando todas as demandas da cidadanía galega ao Congreso e ao Senado, desde cuestións locais ata participando en primeira persoa das políticas de Estado, como pensións, infraestruturas, materias laborais e económicas. Por iso estamos a traballar para que haxa ese Goberno que cumpra con Galicia", incidiu Gómez-Reino.

ALCOA E VERÍN

Por outra banda, Díaz tamén expresou a súa "solidariedade" cos traballadores de Alcoa San Cibrao e mostrou a súa "preocupación" polas condicións da orde da poxa de interrumpibilidad. "É evidente que sen ter o estatuto electrointensivo que necesita a industria estamos en risco de perder Alcoa San Cibrao", remarcou a parlamentaria.

Tamén se referiron a outra das polémicas que marcan a actualidade mediática nos últimos días, como é a supresión do servizo de paritorio en Verín. Para Gómez-Reino, esta decisión é "significativa" da acción de goberno do PP que "cando falan de despoboamento se refiren a políticas natalistas; e que mellor política natalista hai que manter os servizos sanitarios e a saúde pública, particularmente, a atención ao parto".

Yolanda Díaz, portavoz de Galicia en Común e deputada de Unidas Podemos. UP
Yolanda Díaz, portavoz de Galicia en Común e deputada de Unidas Podemos. UP | Fonte: GALICIA EN COMÚN - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 El Ciz

Non sinto a diferenza cunha deputada de Salamanca ou Burgos e caeme ben, e unha pena que aparente ser esquerdalla

1 RAMIRO DE YOLI

Y la princesa Yolanda de MInistra de Trabajo ?