Ayuso buscará un pacto entre dirixentes autonómicos para "evitar sentimentos rexionalistas"

"Se nos unimos entre nós imos demostrar que o Estado das autonomías non fallou, que fallaron os políticos", subliñou a presidenta da Comunidade de Madrid.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2019 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, proporá nos próximos meses ao resto de dirixentes autonómicos do estado, independente da súa cor política, asinar un pacto de unidade entre todos para "evitar que se xeren sentimentos rexionalistas".

"Se nos unimos entre nós imos demostrar que o Estado das autonomías non fallou, que fallaron os políticos", subliñou nunha entrevista concedida a Europa Press, na que reivindicou que España é un "país onde os cidadáns son moi diferentes e moi plurais" pero teñen "un mesmo proxecto común".

Tras compartir con algúns dos seus homólogos "a preocupación" polo estado, na celebración do Día da Constitución no Congreso dos Deputados, Ayuso remarcou que son "moitas máis cousas" as que unen ás comunidades fronte ás que as separan.

"Vou buscar alianzas cos presidentes autonómicos que pensan o mesmo á marxe de que logo eles xestionen dunha maneira e eu doutra", asegurou. Neste sentido, fixo fincapé en que non ten medo "á pluralidade que hai en España" pero si á "insensatez, a irresponsabilidade e a fábrica de sentimentos".

Ayuso critica a quen alimenta "unha maquinaria independentista", o que considera "un auténtico negocio para manterse nas institucións". Ao seu parecer, cando un dirixente alimenta a pertenza a un lugar o único que fai é "faltar ao pacto co seu país".

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso. Eduardo Parra - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso. Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

Mui mal tem que estar o PP para que esta mulher chegue estar onde está. Para esta individua Espanha é Madrid e só Madrid, o demais é território ocupado, Províncias. A carência de conhecimento histórico e político desta sujeita vai criar muitos problemas até ao próprio PP.