Temas: DVICIO

Carlos Blanco e Budiño DJ puxeron o broche de ouro a un novo verán de Cultura Aberta

Un cheo absoluto nos Xardíns do Pazo de San Marcos confirma que a programación de verán da Área de Cultura da Deputación é un rotundo éxito e ten boa acollida entre os lucenses.

Por GC Tendencias | Lugo | 03/08/2012 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

A tarde do pasado 2 de agosto, os xardíns da Deputación puxeron o seu broche de ouro á programación de verán “Cultura Aberta nos xardíns da Deputación” co espectáculo humorístico/musical de Carlos Blanco e Budiño DJ, que estiveron acompañados da voz de Lilí Dos Toxos.

Carlos Blanco e Budiño DJ
Carlos Blanco e Budiño DJ

O recoñecido cómico galego non defraudou a ninguén e sacou punta, e risas entre o público, das situacións máis comúns que todo galego e galega viviu algunha vez e tamén deu un bo repaso pola actualidade en clave cómica. Unha vez máis a resposta do público a esta actividade posta en marcha pola Área de Cultura da Deputación de Lugo foi un completo éxito e así enchéronse todas as cadeiras dispostas e incluso quedou xente de pé para presenciar o espectáculo.

Os monólogos de Carlos Blanco atopan acubillo e transfórmanse en hip-hop hipnótico nas bases de Budiño DJ. Baixo o título “iLalelo. Con i pequeno”, Carlos Blanco amosou o seu humor intelixente falando de redes sociais, de redes cibernéticas, de poemas imposíbeis, facendo deste espectáculo algo fresco, valente e vivo, chamado a mover masas e a exportar o Galiza Calidade por todo o mundo.

Con este espectáculo humorístico péchase por este ano o ciclo “Cultura Aberta nos xardíns da Deputación”, que encheu cada xoves de xullo e hoxe, primeiro de agosto, un lugar emblemático como os xardíns do Pazo de San Marcos dunha ampla oferta cultural.

Carlos Blanco e Budiño DJ
Carlos Blanco e Budiño DJ
Temas: DVICIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta