O PPdeG defende o traballo das fundacións culturais na preservación do patrimonio do galeguismo

Foi durante unha visita á Fundación Curros Enríquez.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2025 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

Os deputados do Grupo Popular José Luís Ferro e Juan Casares destacaron o traballo que desenvolven as fundacións culturais galegas na conservación do patrimonio material e inmaterial do galeguismo.

Así o resaltaron durante unha visita á Fundación Curros Enríquez en Celanova, onde tamén sinalaron a aposta da Xunta para o mantemento destas fundacións e para que poidan continuar a pór en marcha proxectos, campañas e actividades a favor da cultura e da lingua galegas.

"Con máis de 20 anos ás súas costas, a Fundación Curros Enríquez e todas as de similar condición que están repartidas pola xeografía galega son un faro da conservación do patrimonio material e inmaterial do galeguismo", sinalou José Luís Ferro.

Cabe destacar que a Fundación Curros Enríquez foi a primeira casa dun poeta recuperada para un proxecto cultural, feito ao que se engade, como indicou Ferro, "que é a filla da emigración, ao ser comprada en 1927 pola Unión Ourensá da Habana".


Os deputados do Grupo Popular José Luís Ferro e Juan Casares.. PPDEG
Os deputados do Grupo Popular José Luís Ferro e Juan Casares.. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta