Os Premios Xerais 2025 de literatura xa teñen finalistas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2025 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

O xurado da XLII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.000 euros e ao que concorren 58 obras, escolleu como finalistas ás obras presentadas coas lemas 'Merceditas Castro', 'O pazo das marismas' e 'Será o noso segredo'.

Segundo epxlican nun comunicado, este ano, o equipo encargado de escoller a obra gañadora está formado pola xornalista de Faro de Vigo Mar Mato, a correctora editorial e bookstragrammer @barbibooks Bárbara Fernández López, a bibliotecaria da Biblioteca Pública de Verín Aurora Prieto Tarrío, a xornalista de Nós TV Ana Viqueira, o libreiro de Libraría Pedreira Xosé Antón Pedreira Mirás, e o secretario do xurado, en representación de Edicións Xerais de Galicia, Xosé Manuel Moo, con voz e sen voto.

Ademais, o xurado da XVII edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros e ao que concorren 26 obras, escolleu as obras coas lemas 'Arnela', 'Melba Bermúdez' e 'Sosia' cmo finalistas do premio.

O xurado fórmano o escritor Jorge Rodríguez Durán, a bookstagrammer @lua_souto7 e estudante de Filoloxía Mencía Jorge Cabaleiro, a educadora social Iria Gondar Igrexas, a profesora de lingua e literatura galega Salomé Díaz, a xornalista María Bo, e o secretario do xurado, en representación de Edicións Xerais, Ramón Domínguez, con voz e sen voto.

Por último, o xurado da XL edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros e ao que concorren 47 obras, seleccionou como finalistas as obras coas lemas 'Cabalgar sobre ou lombo dun lobo azul', 'Medomedá' e 'Zoryana'.

O xurado está formado pola bookstagrammer @lendo_libros Ánxeles Barja Sierra, a ilustradora Branca Millán, a libreira en Libraría Porto Rosa Ana Porto Martínez, a bibliotecaria infantil da rede de bibliotecas municipais da Coruña Reme Vázquez, o profesor de Educación primaria Guillerme Rodríguez Osorio e a secretaria do xurado, en representación de Edicións Xerais, Anaír Rodríguez, con voz e sen voto.

Premios Xerais
Premios Xerais | Fonte: Edicións Xerais de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta