A morte do rural

Dende a chegada da industrialización, decada dos sesenta, e logo despois da entrada na Unión Europea, o mundo rural galego desmorónase sen que ningunha institución faga algo salintabel pra porlle remedio. Temos terra e boas condicións pra potenciar e modernizar iste agraciado medio. Mais a sangría poboacional sigue ano tras ano e a, día de hoxe, asistimos a unha morte segura dunha forma de vivir en comunión coa nai terra.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 10/12/2019

Comparte esta noticia
Iste mal atinxe con  máis forza á Galicia interior que é Ourense e o sur da provincia de Lugo. Nos anos sesenta do século pasado foi a emigración a centroeuropa o lastre que deixou unha ferida en moitos pobos e aldeas. Chegada a entrada na U.E. Foron as políticas deseñadas dende Bruxelas as que, afondaron nesta desfeita. E fronte a esas  políticas ningunha das nosas  institucións como a  Xunta, Deputacións e Concellos  fixo algún plan, área piloto, ou zona  onde se tentaran revertir os males que,  como o minifundio parcelario,  siguen vivos nesta sociedade. Sociedade de base agraria  onde o Xabarin campa como se fose o dono do espacio natural completo.
 
Lembro que, nos anos sesenta, os únicos incendios que nos preocupaban ós veciños do rural eran provocados polas  chispas das maquinas de carbón daqueles lentos e ruidosos trens. Agora non é o tren se non os incendiarios e a devaluación do monte na que gastamos cartos pra apagar lumes sen ningunha redabilidade económica. Agora, no tempo do aforro,  cando todo se mide polo principio de rendabilidade económica, desaparecen servizos nas vilas: primeiro foron as sucursais bancarias, logo os postos da Garda Civil; agora siguen os servizos de sanidade e asi a xente fuxe cara áreas onde pode vivir deixando lonxe a existencia en  soedade.
 
O rural morre, e o conto é que ningunha istitución fai nada por intentar frear tal sangria. Pois non so morren pobos e aldeas se non que, vilas cabeceira de comarca, son privadas de servizos basicos que axudan a que a xente non fuxa delas.
 
E a pregunta está servida: como alguén vai querer vivir en concellos alonxados 30 ou 40 kilómetros do concello cabeceira de comarca se non teñen servizos basicos e teñen que vir a Ourense cando distan máis de 140 km da capital?
 
O caso de Verín co peche do paritorio dá pra matinar con seriedade sobor do asunto. E pon sobor da mesa un tema do que sempre se escapou. E digo isto, pois non chega con que a Deputación diga, pra quedar ben,  que se opón a tal ou cual medida. Non.  Hai que dar a batalla e facer propostas  alternativas pra que o mundo rural non sexa finiquitado. Hoxe é Verín. Maña cecais o Barco de Valdeorras e logo será ate Ourense.     
 
Ben sei que o tema é complexo de arranxar, pero ás institucións políticas como a Xunta compételle crear as bases legais pra que a superficie agraria e o monte  se poida redabilizar economicamente. Para que o mundo rural galego do interior pare a  sangría e non desapareza.   E pra iso haberá  que modificar a estructura da propiedade;  Igualmente haberá que  impedir  que as vilas cabezas de comarca  perdan servizos básicos. E sobor de todo, ter iniciativas políticas.  E se iso non se fai,  o rural  quedará finiquitado,   morto pra sempre en moi poucos anos. 

Unha aldea abandonada de Viveiro a punto de ser vendida por un portal que vende ao estranxeiro
Unha aldea abandonada de Viveiro a punto de ser vendida por un portal que vende ao estranxeiro | Fonte: XdM
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com