Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2019 | Actualizada ás 20:03
Unhas 150 persoas completaron este martes a primeira das etapas da marcha a pé desde As Pontes de García Rodríguez (A Coruña) ata a cidade herculina para reclamar unha transición ecolóxica xusta e que non se peche de inmediato a central térmica que Endesa ten neste municipio.
A protesta arrincou sobre as 10,00 horas desde o Concello pontés rumbo á Coruña e todos os participantes, ataviados cos seus respectivos chalecos amarelos, formaron unha fila para percorrer o caso urbano acompañados por axentes da Garda Civil de Tráfico.
Os participantes chegaron sobre as 14,15 horas á Capela, onde foron recibidos polo seu rexedor, o socialista Manuel Meizoso, quen lles mostrou o seu apoio e solidariedade na reivindicación que están levado a cabo, ademais de ofrecer un pequeno ágape.
TRANSPORTISTAS
Aínda que gran parte dos participantes na protesta son transportistas, tamén hai cidadáns sen vinculación con Endesa que apoian aos traballadores que se verían afectados o peche da térmica.
Este martes, tras finalizar a primeira etapa, este colectivo regresou en autobús facía As Pontes. Xa o mércores, serán recolleitos na Estación de Autobuses da localidade da comarca do Ferrolterra, ás 9,30 horas e levados ata A Capela, para completar a segunda etapa a pé ata Miño.
Pola súa banda, na terceira xornada, os participantes na protesta teñen previsto percorrer a pé o tramo entre Miño e Bergondo, de forma que deixarán para o último día, o venres, o traxecto entre Bergondo e a cidade da Coruña.
Unha vez na cidade herculina, os participantes prevén concentrarse ante o Viceconsulado de Italia e secundar a protesta convocada polo grupo de crise, do que forman parte partidos políticos, sindicatos, comité de empresa de Endesa, transportistas, comerciantes e empresarios das Pontes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.