O BNG, "distante" con Sánchez: "Queremos un grao de concreción que aínda non temos"

"Non nos serven formulacións xenéricas ou manifestacións de vontade porque en Galicia hai problemas --como os que afectan aos traballadores da industria electrointensiva ou o prezo das peaxes da AP-9-- que requiren dunha urxente resolución", sinalou Néstor Rego.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 18/12/2019 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) asegurou este mércores que está aínda "distante" de votar a favor da investidura do presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, ante a falta de concreción do PSOE ás reivindicacións en clave galega expostas polo seu partido.

Así o puxo de manifesto o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, tras a terceira reunión que mantivo xunto a Rubén Cela, membro da Executiva da fronte nacionalista, coa portavoz parlamentaria do Grupo Socialista, Adriana Lastra, e o seu 'número dous', Rafael Simancas.

Rego quixo deixar claro que o BNG aínda non decidiu cal será o sentido do seu voto nunha hipotética investidura de Sánchez e que seguen coa mesma disposición ao diálogo que expresaron desde o primeiro momento, o que non significa que o seu partido vaia dar ao PSOE "un cheque en branco".

Neste punto, apresurouse a recalcar que o acordo co PSOE está aínda "distante" porque ten que basearse medidas concretas sobre a axenda galega, e estas aínda non chegaron. "Non nos serven formulacións xenéricas ou manifestacións de vontade porque en Galicia hai problemas --como os que afectan aos traballadores da industria electrointensiva ou o prezo das peaxes da AP-9-- que requiren dunha urxente resolución", sinalou.

Pero Rego tamén cre que é necesario que de maneira "clara e contundente" o PSOE diga que se van revogar as reformas laboral e de pensións, a LOMCE ou a reforma da Lei de Seguridade Cidadá, coñecida polos seus detractores como 'Lei Mordaza'.

SEGUIRÁN FALANDO

"Queremos un grao de concreción que aínda non temos neste momento", insistiu o representante do BNG, apuntando que, en todo caso, hai disposición por ambas as partes a seguir dialogando para tratar de pechar un documento a poder ser nos próximos días. Iso si, aínda non está fixado un novo encontro.

Preguntado sobre se hai tempo para selar ese acordo antes de fin de ano, para cando o PSOE desexa que Sánchez sexa investido, Rego respondeu que "se hai vontade, sempre hai posibilidade de acordar", pero descoñece se o pacto cos socialistas chegará antes ou despois de que acabe 2019.

Sobre cal será o seu voto na investidura en caso de non alcanzar ningún acordo co PSOE, Rego insistiu en que a súa posición dependerá de que exista un pacto satisfactorio e que se este non chega, "non haberá voto favorable" a Sánchez.

"En función das circunstancias veremos se é en contra ou abstención", recalcou o nacionalista, deixando claro, a continuación, que a postura do BNG "dependerá exclusivamente dos intereses de Galicia e non do que fagan outras forzas".

O deputado do BNG, Nestor Rego, en rolda de prensa tras a súa reunión co PSOE, dentro da rolda de contactos dos socialistas coas forzas parlamentarias de face á investidura de Pedro Sánchez, en Madrid (España), a 18 de decembro de 2019.. Eduardo Parra - Europa Press
O deputado do BNG, Nestor Rego, en rolda de prensa tras a súa reunión co PSOE, dentro da rolda de contactos dos socialistas coas forzas parlamentarias de face á investidura de Pedro Sánchez, en Madrid (España), a 18 de decembro de 2019.. Eduardo Parra - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 El Ciz

Neste momento a firmeza dun so deputado pode que sexa o mellor que se lle poida ofrecer a un pobo sempre ninguneado para que comece a ser e existir por si mesmo

1 Gamela

Terceiras eleccións e seremos gobernados por VOX !

1 El Ciz

Anda, a presión-trampa elaborada polo Estado

2 Gamela

Hoxe a representante de ERC dicía exactamente o mesmo ca tí... Curiosa coincidencia non si? Dille a Néstor Rego que basta contar polos dedos, por este camiño imos pergarnos unha ostia fixo ! https://resultados.10noviembre2019....