Que está facendo a Xunta para salvar a industria naval?

O PSdeG critica que a Xunta vive a golpe de "anuncios mediaticos" como o "fracaso de Pemex". A Xunta di que aprobou préstamos por valor de 6,2 millóns a favor de 11 empresas do naval de Vigo e Ferrol.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2019 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, informou este mércores de que o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) aprobou unha liña de prestamos para a industria auxiliar en favor de 11 empresas do sector naval das rías de Vigo e Ferrol por valor de 6,2 millóns.

Así o destacou o titular de Economía, Emprego e Industria en resposta a unha interpelación formulada pola deputada socialista Begoña Rodríguez Rumbo sobre a situación da industria en Galicia e a problemática do estaleiro Barreiras.

Na súa intervención, Conde destacou que estas operacións permitirán apoiar 925 empregos do naval. "Por tanto, estamos na solución", destacou o conselleiro que sostivo que "hai unha ameaza de desmantelamento enerxético e industrial" provocada polo Partido Socialista.

Asteleiros Barreras, que pasarán a mans de Pémex
Asteleiros Barreras, que pasarán a mans de Pémex | Fonte: economiadigital.com

Así mesmo, subliñou que a principal preocupación do Executivo autonómico "é o emprego". "Por iso acordamos cos axentes sociais e económicos traballar por un emprego de calidade", manifestou en referencia ao acordo alcanzado cos sindicatos Comisións Obreiras, UXT e a patronal galega.

CRÍTICAS DA PARLAMENTARIA SOCIALISTA

Pola súa banda, a portavoz de Industria do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, chamou á Xunta a sumarse a apoiar no próximo pleno do Parlamento un acordo para apoiar "que se manteñan os estaleiros galegos, incluído Hijos de J. Barreras".

Na interpelación, a deputada esixiu "solucións" para a situación da factoría viguesa despois da saída de Pemex e tras coñecer a oferta de Ritz - Carlton. "Expliquen que solucións barallaron para darlle solución a esta crise industrial e viabilidade presente e futura", esixiu.

A deputada criticou que Feijóo trouxese "hai 7 anos" á petroleira mexicana nunha "xigantesca operación de propaganda". "Con todo, en novembro de 2016 anunciaban a renuncia a construír un novo flotel e a súa marcha de Barreras, que quedou ao bordo da disolución ata o anuncio de entrada, agora de Ritz - Carlton", indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pitito

Naaaaddaaaaaa. Nunca fai nada, e t@s felices e calad@s