VII Gala contra o cancro en Ourense

Será este sábado 21 de decembro ás 20:30 h. no Auditorio Municipal e nela partiparán recoñecidos e recoñecidas artistas galegos/as. O evento, a favor da Asociación Española contra o Cancro de Ourense, está organizado pola Asociación Xuvenil Cultural As Canellas coa produción de Claqueta Coqueta.

Por X.M. Fernández | Ourense | 21/12/2019 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Gala contra o Cancro de Ourense volve este ano para celebrar a súa sétima edición. 

Dora Gómez e David Rodríguez. Foto: Claqueta Coqueta
Dora Gómez e David Rodríguez. Foto: Claqueta Coqueta

Na conferencia de prensa de presentación, que tivo lugar na sede da Asociación Española contra o cancro de Ourense, Dora Gómez, Presidenta de AECC en Ourense quixo exemplificar a importancia do destino da recadación “a través dun programa de axudas económicas para emerxencias sociais que están presentes na provincia e que poden agravar a súa situación cun diagnostico oncolóxico”.

Pola súa parte, David Rodríguez, organizador e presidente da Asociación Xuvenil Cultural As Canellas, destacou que “conseguimos conformar un cartel cunha exquisita calidade melódica” e aproveitou tamén para reivindicar necesidades de apoio “chámame a atención que a maioría dos concellos de España non poñen trabas administrativas nin cuotas de pago para a realización de eventos solidarios organizados por entidades sen ánimo de lucro. Convido á reflexión e agardamos que isto poda mudar nun futuro non moi lonxano”.

A VII edición da Gala contra o cancro estará marcada por unha ampla variedade musical. Estará o grupo De Vacas e a intérprete Patricia Moon, que ofrecerá un adianto dos seus últimos éxitos, con interpretación virtuosa de violín e piano tras regresar dunha exitosa xira por Europa. Os artistas Davide Salvado e Antonio Luz representarán á música tradicional e a Academia de Danza Fusión encargarase do apartado de baile. Os presentadores da gala serán Rubén Riós e Beatriz Serén.

As últimas entradas están disponibles na venda anticipada na Asociación Española contra o cancro de Ourense, na rúa Curros Enríquez, 26, 1º esquerda, cun custe de 5 euros anticipada e de 8 euros na billeteira. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta