Coches novos e plans de pensións: así muda o patrimonio dos deputados que abandonan o Parlamento

Cambios de coche, plans de pensións, accións e amortización de préstamos son algunhas das principais modificacións que figuran nas declaracións de bens presentadas polos deputados que abandonaron o Parlamento de Galicia nos últimos meses.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2019 | Actualizada ás 11:02

Comparte esta noticia

Cambios de coche, plans de pensións, accións e amortización de préstamos son algunhas das principais modificacións que figuran nas declaracións de bens presentadas polos deputados que abandonaron o Parlamento de Galicia nos últimos meses.

De todos eles, a baixa máis sinalada do Pazo do Hórreo é a do xa exportavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, quen agora é senador por designación autonómica, cedendo así a portavocía ao secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.

Segundo a declaración de bens por cesamento como deputado, publicada este venres no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e recollida por Europa Press, Leiceaga non adquiriu ningunha vivenda nin ningún outro ben inmoble desde que recolleu a súa acta en 2016, ao comezo de lexislatura.

Con todo, si que aumentou en máis de 4.500 euros unha conta bancaria que ten en gananciais coa súa muller, ata os case 31.000 euros. Ademais, nos 3 anos que permaneceu na Cámara pasou de ter 14.350 a 40.400 euros en accións e o seu plan de pensións subiu de 12.900 a 21.830 euros.

LOSADA E DÍAZ VILLOSLADA

Outra das soadas saídas do Parlamento galego foi a do socialista Abel Losada, quen pasou a ser concelleiro en Vigo tras 14 anos no Pazo do Hórreo. Durante os tres anos da presente lexislatura, a súa conta aforro pasou de 8.500 a 15.500 euros, mentres que ingresou ao redor de 5.000 euros no seu plan de pensións.

Así mesmo, Abel Losada aproveitou para cambiar o seu coche. Se en 2016 declaraba un Citröen DS-4 adquirido en 2011, á súa saída do Pazo do Hórreo rexistra un Peugeot 308 comprado o ano pasado.

Tamén o socialista Juan Díaz Villoslada pasou da política autonómica á municipal, no seu caso ao Concello da Coruña. Durante este tempo, non adquiriu inmobles pero pasou 5.800 euros a 18.500 euros en saldos de contas correntes.

Ademais, segundo a súa declaración de bens á saída do Parlamento este ano, entre os seus tres coches xa non figura un Peugeot 4007 de segunda man, senón que o novo concelleiro herculino adquiriu un Peugeot 3008 o ano pasado.

FLORA MIRANDA E CÉSAR FERNÁNDEZ GIL

Flora Miranda, que tivo un paso de apenas un ano polo Parlamento como deputada do extinto Grupo de En Marea, declara, ademais dun piso con garaxe e trasteiro en copropiedade co seu marido en Santiago de Compostela, un Toyota Auris do ano 2017 tamén ao 50 por cento coa súa parella.

Esta enfermeira do Sergas que percibiu 3.912 euros en trienios, dispón dun plan de pensións de 2.000 euros e un préstamo hipotecario de 111.227 euros, dos que abonou máis da metade --75.257 euros--.

O actual alcalde de Ribadavia, César Fernádez Gil, abandonou a bancada popular no Pazo do Hórreo tras asumir o bastón de mando do municipio ourensán. Adquiriu en 2018 un Seat Arona polo que pediu un préstamo de 15.000 euros. Ademais, deixou a Cámara cun plan de pensións con Caixabanc que ten un importe consolidado de 1.000 euros.

OUTRAS COMPRAS

En canto a outros cambios no patrimonio dos parlamentarios, o presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices, adquiriu un piso cuxo valor non figura na declaración ao estar pendente de escritura pública ante notario. Pola súa banda, o vicepresidente primeiro do Lexislativo, Diego Calvo, cambiou o seu coche Audi A-6 por un A-4, ademais de comprar un Wolkswagen Golf do ano 1992.

Tamén han substituídos o seu vehículo a deputada do PPdeG Marta Rodríguez Arias --que adquiriu un Golf por valor de 17.500 euros-- e o parlamentario do Grupo Mixto Davide Rodríguez, que en 2019 cambiou o seu vello vehículo por un Peugeot 307.

NOVOS DEPUTADOS

As eleccións municipais motivaron varios cambios na Cámara galega, á que accederon varios rostros novos. Este é o caso da diputa popular Jackeline Fernández, que tomou posesión do escano que deixou César Fernández Gil para exercer a Alcaldía de Ribadavía.

Nas declaracións publicadas este venres, e ás que tivo acceso Europa Press, esta parlamentaria declara un total de 1.711 euros nunha conta corrente e o 12,5% de participación en Adegas Fernández & Macías S.L.

Outra das novas caras socialistas na Cámara, a deputada procedente de Camariñas, Encarna Liñeiro Pouso, informa de que está casada en réxime de gananciais e de que recibiu un salario de 7.066 euros polo seu labor como concelleira de Cultura, Encaixe e Turismo.

Esta deputada, que entrou en substitución de Xoaquín Fernández Leceiaga, informa de herdar dúas casas en Camariñas e da compra a medias dunha casa en Vimianzo. Tamén ten dúas contas bancarias conxuntas, unha no BBVA, con 4.880 euros e outra en Abanca con 48.509 euros; así como un Peugeot 3008.

Outro dos deputados que se estreou este ano no Pazo do Hórreo foi Xan Xove, de Grupo Común da Esquerda, quen ata a súa entrada na Cámara exercía como carteiro de Correos, actividade pola que declara percibir 21.620,46 euros anuais.

Xove conta no seu patrimonio cunha vivenda valorada en 36.550 euros pola que ten subscrita unha hipoteca de 57.000 euros. Dispón de dous vehículos --un Opel Corsa do ano 2007 e unha furgoneta Sprinter de 2017-- e dúas contas bancarias que suman 1.525 euros en total.

Fachada principal do Pazo do Hórreo, sede do Parlamento de Galicia. PARLAMENTO DE GALICIA - Arquivo
Fachada principal do Pazo do Hórreo, sede do Parlamento de Galicia. PARLAMENTO DE GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta