Martiño Noriega levará as relacións políticas de Anova, que apela a iniciar "xa" o diálogo

A formación escolle a súa nova Comisión Permanente, da que Beiras forma parte, co reto de "acabar" co Goberno de Feijóo en 2020.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2019 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

O exalcalde de Santiago Martiño Noriega é o novo responsable de relacións políticas de Anova-Irmandade Nacionalista, partido que este sábado designou a súa nova Comisión Permanente co obxectivo de iniciar "xa" o diálogo con forzas "á esquerda do PSOE" para "disputar a hexemonía" ao PPdeG nas eleccións autonómicas previstas, salvo adianto, para o outono do 2020.

Así o explicou o recentemente reelixido portavoz nacional da formación, Antón Sánchez, quen compareceu no Hotel Congreso de Teo xunto con Noriega e a concelleira de Marea de Vigo Oriana Méndez tras a elección por unanimidade da nova dirección. Neste órgano figuran eles tres xunto con, entre outros, o histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras, que será responsable de relacións internacionais.

En declaracións aos medios, o ex rexedor e dirixente de Compostela Aberta avanzou que nese diálogo que estableza cos seus socios políticos Anova "ten o reto de ser leal á súa historia" de "interlocución que se poida dar no espazo da unidade popular e en todo o espazo á esquerda do Partido Socialista".

"Por min non vai quedar e cónstame que vou testar as posibilidades de constituír hexemonías", garantiu Noriega, quen tamén se definiu como unha persoa "de diálogo e de intermediación".

Pola súa banda, o portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, reiterou esa vontade de falar con forzas "á esquerda" do PSdeG-PSOE para afrontar o "gran reto" de en 2020 "acabar con ese Goberno altamente nocivo para o país" como é, segundo as súas palabras, o de Alberto Núñez Feijóo.

PODEMOS E ESQUERDA UNIDA

Sen dúbida, un dos grandes retos de Anova para os próximos meses será o de articular unha candidatura unitaria do rupturismo, para o que os seus 'socios preferentes' están chamados a ser Podemos e Esquerda Unida (EU). E é que con eles comparte grupo no Parlamento de Galicia e ata hai uns meses todos formaban parte de En Marea, proxecto que nas galegas de 2016 se erixiu en primeira forza da oposición pero que en 2019 terminou por fracturarse.

Non en balde, a relación entre estes partidos non pasa polo seu mellor momento. De feito, nas dúas eleccións xerais deste ano, o diálogo non frutificou e Anova optou por non presentarse, mentres que Podemos e EU fixérono baixo a marca Galicia en Común. Con todo, Sánchez afirmou que, con ou sen unidade popular, concorrerán ás autonómicas: "De calquera xeito estaremos nesa cita que nos parece fundamental para o futuro deste país".

Preguntado sobre posibles desavinzas con outras forzas, o líder da formación nacionalista apelou a "mirar cara ao futuro", porque "para transformar realmente as políticas" en Galicia "fai falta a forza e potencia suficientes". "E esa forza ten que vir ao redor de agruparnos en principios políticos e un programa. Niso traballaremos coa mellor das vontades e apelando á responsabilidade de todos os actores", engadiu.

Neste contexto, Sánchez adiantou que o novo responsable de relacións políticas, Martiño Noriega, "ten unha idea de iniciar xa" ese diálogo que ven unha "prioridade", dado que recoñecen que a convocatoria deses comicios "non depende" deles. "Imos empezar desde o primeiro minuto para poder estar preparados", apostilou.

UNHA COMISIÓN PERMANENTE "PLURAL"

O pasado sábado, o Hotel Congreso de Teo acolleu a IV Asemblea Nacional de Anova coa elección da súa nova Coordinadora Nacional e a ratificación de Sánchez como portavoz. Unha semana máis tarde, este órgano reuniuse para escoller a súa Comisión Permanente, da que Oriana Méndez --responsables de Coordinación xunto con Raúl Asegurado-- destacou a súa "pluralidade".

Ademais de Noriega e Beiras como dirixentes das relacións políticas e internacionais, respectivamente, figuran na Comisión Permanente Rafa do Pico como responsable de Organización; Gladys Afonso á fronte de Finanzas; Iria Otero en Feminismo; Branca Novoneyra na área de Formación; o exdeputado de En Marea Miguel Anxo Fernán-Vello e Sara Ribeiro en Cultura e Obradoiros de ideas; Xiana López e Cristina Amor en Movementos Sociais; Sofía Mediero en Mocidade; Antón Dobao en Relato; e Carlos Nogueira en Comunicación Interna.

O portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, xunto con Oriana Méndez e Martiño Noriega.. MAURO BASTÓN - EUROPA PRESS
O portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, xunto con Oriana Méndez e Martiño Noriega.. MAURO BASTÓN - EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 Gamela

Malamente Martiño poderá negociar nada... agás que teñamos que votar por terceira vez en Madrid Na casa está o peixe vendido: BNG meterá las listas ao Villares e Cía. Mentras Galicia en Común pode que metan a Anova no fondo da lista (igual que o BNG) // A UNIDADE seguirá sendo unha palabra baleira para todos eles... Lástima do bois !

5 Realpolitik

Así que voltan á casa polo nadal (á casa de Madrid...). Moitas grazas por aclarar que seguen a ser uns galleguiños ben mandados e leais, calmos e baratos. Con rivais deste nivel o BNG seguirá a subir en votos e Galiza gañará.

4 Alpinista

Anova véndese barato ao españolisimo PcE (no escaparate e nos estantes coas marcas comerciais de Izquierda Unida e Podemos). Agora sen disimulo: entréganse por un posto na listas. Partidos como Anova e FPG son moito piores que o Partido Podre e o PsoE. Pois os Podres van de cara (os votantes son corruptos, saben da trampa e agardan favores), e a falsidade do PsoEspañol xa non hai inocente que a compre. Pola contra, aínda hai quen acredita na galeguidade do Martiño, do Antón, do Beiras, da Oriana, da Novoneyra, do Dobao, da Gladys, do Fernández Bello (sic, o real) ou do Camilo Nogueira (de novo). Pois abran os ollos, que non hai que ser da UPG (coa marca comercial BNG) para velo!

3 Casimiro

Obxectivo único non confesable: colocar xa só a Antonciño Sánchez nun posto de saída que asegure a mantenta de deputado por outros catro anos. Mentiras para a prensa: Galiza, a xente, contra Feixó, ruptura, esquerda, nacionalismo, pluralidade... A estes caraduras o país e os paisanos impórtanlles tanto como ao PPsoE e á UPG: nada!!! Postureo e a chupar!!! Rinse da xente mentres predican a 'unidade'!!!

1 Falaches loqui

A quen lle importa moito é ao teu amigo Louzán

2 Boa xogada

Que xenios poñedes para intentar que Podemos IU Yolanda vos dea un postiño a un señor que por covardía politica non se atreveu a pedir o voto para Podemos IU Yolanda cando competiu coa escisión En Marea porque como é listisimo non sabía cal dos dous ía saír mellor peor parado.

1 José Antonio

Se ve que son unos águilas. En Santiago aún estamos esperando que Martiño se vaya como dejó caer (nunca se moja con nada, es el Sr. Ambiguo) ahora en diciembre. De darle la puñalada trapera a Podemos e IU, a perder la boina por lamerles el culo, porque todos sabemos que ANOVA es la insignificancia en estado puro, tan sólo pueden ahorrar a parasitar. En buena hora nos deshicimos de esta joya en Santiago. Aquí CA tampoco tiene futuro por irse de espabilados.