Axuda a manter viva a casa de Rosalía

A Casa de Rosalía presenta este xoves un proxecto para que entidades e particulares colaboren no seu mantemento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/12/2019 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

Casa Museo de Rosalía acolle este xoves a presentación do proxecto de subscrición popular 'Amigos da Casa de Rosalía' e despide o ano cun concerto da artista Terela Gradín.

Segundo informou este mércores a Fundación Rosalía de Castro, este mes de decembro iniciou un proceso de subscrición popular para implicar a empresas, entidades públicas e persoas individuais na mellora e sostemento da Casa de Rosalía

Deste xeito, conforme sinalou a Fundación, calquera persoa pode converterse en Amigo da Casa de Rosalía e apoiar desde 20 euros ao ano a independencia económica e cultural desta institución, así como a súa sustentabilidade financeira.

Os pequenos negocios tamén poderán facerse Protectores (desde 60 euros ao ano) e as grandes empresas poderán exercer de Mecenas da Casa a partir de 1.000 euros.

CONCERTO

Ademais, a fundación informou de que Terela Gradín é unha cantante de jazz e compositora compostelá con raíces en Padrón e afincada en Navarra que regresa a casa por Nadal.

A actuación terá lugar a partir das 20,00 horas na Casa Museo Rosalía de Castro de Padrón.

Casa-museo de Rosalía
Casa-museo de Rosalía

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta