Un milleiro de persoas volven á rúa nas Pontes para pedir que non peche de maneira inmediata a central de Endesa

Un milleiro de veciños secundan a convocatoria do grupo de traballo e piden "unha transición xusta e non abrupta".

Por Europa Press / Redacción | As Pontes | 31/12/2019 | Actualizada ás 00:12

Comparte esta noticia

Ao redor dun milleiro de persoas volveron a concentrarse desde as 20,30 horas deste luns na praza da Carmen das Pontes de García Rodríguez (A Coruña) para demandar unha "transición xusta" e que non se execute un peche "abrupto" da central térmica que ten na localidade a compañía Endesa, cuxa dirección solicitou ao Goberno o cesamento da actividade.

Convocados polo grupo de traballo do que forman todos os grupos municipais con representación no Concello das Pontes, sindicatos, transportistas do carbón, comité de empresa de Endesa, empresarios e comerciantes; os veciños da localidade e comarca volveron ás rúas para mostrar o seu rexeitamento ao peche da planta.

Nesta concentración estivo presente o alcalde deste municipio, Valentín González Formoso (PSOE), que trasladou que as probas previstas neste complexo enerxético coa utilización de biocombustibles atrásanse " ata o mes de febreiro, para poder acometelas xa coa reforma realizada ao longo dos últimos anos".

A continuación, indicou que que Endesa "investiu 218 millóns de euros para poder cumprir a normativa europea" neste proceso, polo que considera que se trata de "un sinsentido máis".

"É VIABLE"

González Formoso estimou que a central térmica asentada na súa localidade "é viable" coa utilización da mestura de carbón e outros materiais, como biomasa e restos de lodos, polo que pediu "a colaboración de todo o mundo que ten que ver nun proxecto deste tipo".

"É necesario esixir e pelexar por urxencias que son inmediatas, como o compromiso de recolocación a aqueles que agora mesmo teñen máis dificultades, como son os camioneiros e os empregados das auxiliares", remarcou. Tamén destacou a implicación que están a ter todas as administracións á hora de buscar unha solución, desde "o Concello, a Xunta e o propio Ministerio de Transición Ecolóxica".

Concentración nas Pontes para pedir a paralización do peche da central térmica de Endesa
Concentración nas Pontes para pedir a paralización do peche da central térmica de Endesa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta