Temas: MORTE AFOGAMENTO

Galicia pechou 2019 con 54 mortos por afogamento, a cuarta autonomía con máis falecidos

Comunidade Valenciana, Andalucía e Cataluña lideran as mortes por esta causa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2020 | Actualizada ás 09:54

Comparte esta noticia

Galicia pechou 2019 con 54 persoas falecidas por afogamento non intencionado en espazos acuáticos, cifra que a sitúa como cuarta comunidade autónoma con máis mortos por esta causa tras Comunidade Valenciana (con 61 mortes), Andalucía (58) e Cataluña (57).

Simulacro de rescate dun afogado
Simulacro de rescate dun afogado | Fonte: Europa Press.

Así o reflicte o 'Informe Nacional de Afogamentos' elaborado pola Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo (RFESS), no que se indica que en total en España perderon a vida por este motivo 440 persoas, o que supón o segundo peor dato do último lustro.

Este dato prodúcese despois dos 23 falecementos rexistrados en decembro en espazos acuáticos españois, seis deles en Galicia, o que o sitúa como sexto peor mes de 2019 en número de defuncións por esta causa.

Os 67 falecidos máis este ano supoñen case un 18 por cento máis que en 2018, período no que se rexistrou o menor número de vítimas mortais do quinquenio.

Tras Galicia sitúanse, por número de falecidos por esta causa, Canarias, con 49 afogados; Castela e León (28), Illas Baleares (23), Cantabria (22), Murcia (20), asturias (15), Aragón (13), País Vasco (12), Castela-A Mancha (9), Estremadura e A Rioxa (seis en cada caso), Madrid (4), Navarra (2) e Melilla (1).

Temas: MORTE AFOGAMENTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta