Socialistas critican a ausencia de alcaldes do PP nunha reunión "clave" para o futuro industrial de Ferrolterra

Isto "mostra a súa falta de interese polo futuro da comarca", din os rexedores do PSOE.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 10/01/2020 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

As agrupacións socialistas de Fene, As Somozas, Mañón e Mugardos denunciaron a "clamorosa ausencia" dos aclades do PP neste catro concellos á "reuión clave" mantida na pasada xornada para abordar o futuro industrial de Ferrolterra.

Encontro entre alcaldes, sindicatos e empresarios de Ferrolterra para buscar unha forma de reindustrializar a zona
Encontro entre alcaldes, sindicatos e empresarios de Ferrolterra para buscar unha forma de reindustrializar a zona

A convocatoria partiu do alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e congregou a dirixentes municipais, sindicatos e representantes empresariais. "Estabamos todos menos os alcaldes do PP, o que mostra a súa falta de interese polo futuro da comarca", lamentaron.

Na reunión tratáronse os problemas que atravesa a industria de Ferrolterra, Eume e Ortegal, e nela acordouse manter encontros a curto prazo coa Xunta e o Goberno central para "planificar estratexias de futuro, alternativas para manter o emprego, diversificación da actividade empresarial, iniciativas de apoio ao sector naval e outras actuacións".

"Acordamos tamén a convocatoria dunha manifestación masiva o 1 de marzo para reclamar un proceso de reindustrialización da comarca", lembraron, antes de insistir en que é preciso "sumar forzas entre todos e non restar".

"Os socialistas estaremos sempre na defensa dos postos de traballo e os intereses dos nosos veciños", resolveron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta