González Formoso espera un "compromiso claro" das ministras Nadia Calviño e Yolanda Díaz

O presidente da Deputación da Coruña espera que a presenza destas dúas mulleres "se nota" no conflito aberto na central térmica das Pontes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2020 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou a "valía" das dúas ministras coruñesas, Nadia Calviño e Yolanda Díaz, de quen espera un "claro compromiso" coa provincia tras tomar posesión este luns dos seus respectivos cargos como ministras de Economía e Traballo.

"Temos a sorte de contar don dúas ministras, unha delas vicepresidenta da área económica que, polo que se ve, será unha área cunha preponderancia clara na xestión do goberno", dixo González Formoso a preguntas dos xornalistas durante o acto de presentación dun selo de Correos dedicado á provincia da Coruña.

Para Formoso representa "moi boa noticia" que o Goberno de España conte con dúas ministras de orixe coruñesa. O presidente da Deputación da Coruña xa lanzou o seu primeiro recado a estas dúas titulares do Goberno, de quen espera "un compromiso claro" con esta provincia naqueles "retos" como son os temas de emprego e reindustrialización, así como o "apoio a sectores puxantes".

INDUSTRIA NAS PONTES

O tamén alcalde das Pontes confía en que a presenza destas dúas ministras coruñesas "se note" no conflito aberto na central térmica das Pontes, aínda que recoñece que "parte do problema provén doutro Ministerio, que é o de Transición".

En calquera caso, tanto Calviño como Díaz "van ter moito que ver porque ao final todo redunda en cuestións laborais e de orzamento para a reindustrialización", sinalou. "Eu creo que o Ministerio de Economía e o Ministerio de Traballo terán moito que dicir", apunta.

Presidente da Deputación da Coruña Valentín González Formoso en presentación premios PEL. DEPUTACIÓN DA CORUÑA - Arquivo
Presidente da Deputación da Coruña Valentín González Formoso en presentación premios PEL. DEPUTACIÓN DA CORUÑA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta