Freixanes pide espazos de uso para o galego: "Non pode ser só unha materia, é convertelo nunha cousa museística"

A campaña '21 días co galego e +' convida a experimentar a vida en plenitude en lingua galega para coñecer a súa situación e a súa importancia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2020 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

A lingua "está viva e ten unha utilidade obxectiva". Os responsables institucionais e das entidades relacionadas co idioma están a afrontar un momento insólito para o galego: o do seu maior grao de coñecemento histórico pola sociedade, pero tamén o da cada vez maior unha caída no uso por parte dos mozos máis preparados para utilizalo.

Presentación de '21 días co galego e +'. XUNTA
Presentación de '21 días co galego e +'. XUNTA | Fonte: Europa Press

O Consello de Europa, a través do seu informe sobre a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, advertiu aos poderes públicos sobre esta circunstancia, que tamén fora constatada polos diferentes datos rexistrados polo Instituto Galego de Estatística e os estudos das principais institucións académicas, como a Real Academia Galega ou o Consello da Cultura.

O presidente da RAG, Víctor Freixanes, ten claro que o galego debe ser unha lingua identificada coa modernidade" e instalada "nas necesidades e demandas das novas xeracións", para quen hai que crear "espazos de relación e descubrimento da vida" que poidan compartir cos demais.

"Non limitarse a que o galego sexa esa materia que hai que estudar, que é necesario, pero temos que potenciar os espazos de relación, de lecer...", insistiu, posto que o caso contrario sería relegar o idioma "a unha cousa museística" e este idioma "afortunadamente non é iso".

Freixanes insistiu en que a lingua debe ir da man deste tipo de ámbitos, con todo aquilo "que ten que ver coa vida", sobre todo nun momento no que os mozos, cada vez máis, veñen marcados "polo consumo, das novas tecnoloxías e os modelos urbanos".

CREAR ÁMBITOS FAVORABLES

Pero para iso a escola tamén debe cumprir un papel destacado. O presidente da Academia reivindicou o galego "como lingua vehicular", para mostrarlle aos mozos que se trata dun idioma "para descubrir e explicar o mundo", as matemáticas, as ciencias, e "para entrar na modernidade" e as novas formas de comunicación e socialización.

Precisamente, o informe da CE recomendou especificamente á Xunta que se eliminen de inmediato as limitacións existentes para impartir docencia en lingua galega (referíndose ao chamado 'decreto do plurilingüismo' ou 'decreto do idioma' no ensino), unha cuestión que solicitara a propia Real Academia Galega ao comité de expertos.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, respecto diso, reivindicou que o nivel de competencias da sociedade está "en cifras históricas", pero que a materia pendente é a falta de uso na vida diaria, é dicir, cando os mozos "saen das aulas" e chegan ao patio a relacionarse cos seus compañeiros.

"E aí é onde temos que traballar, crear ámbitos de uso favorables", insistiu García, quen recoñeceu que os fluxos de poboación, que teñen "cada vez máis á urbanización" da sociedade, están "a xogar en contra" da lingua galega.

A VIDA EN GALEG

Ambos os cargos coincidiron este luns, precisamente, na presentación da experiencia '21 días co galego e +', nas instalacións do instituto Xelmírez de Santiago de Compostela e que se trata dunha iniciativa que vai na liña de incentivar e promover eses espazos de uso para, ao mesmo tempo, que os mozos sexan conscientes das implicacións de levar unha vida plena en lingua galega.

O programa colle o seu nome da teoría do psicólogo Maxwell Maltz, cirurxián plástico da Universidade de Columbia, que calculou nese intervalo de tempo como o necesario para que unha persoa adquira un hábito de forma natural e con normalidade.

Deste xeito, esta iniciativa, que naceu hai anos da man da profesora Pilar Ponte, esténdese agora a dez centros galegos, no que un grupo de alumnos se compromete a vivir 21 días utilizando a lingua galega, ademais de poder participar en todo tipo de actividades. En total, serán 3.877 estudantes de entre 12 e 18 anos.

No acto de presentación ante os mozos en Compostela, García apelou a falar en galego "o que poidan", posto que se trata dun dos "patrimonios culturais máis grandes" e aseguroulles que nas súas mans está "o futuro do idioma".

Nesta liña pronunciouse tamén Freixanes, quen animou aos alumnos a vivir esta "experiencia sociolingüística" como "un xogo", pero tamén como unha posibilidade e unha oportunidade para ver as reaccións da súa contorna e coñecer de primeira man "o problema da lingua no seu uso real, non o dos discursos oficiais".

¡As actividades do programa contarán, á súa vez, con máis de 300 profesores e membros do persoal dos centros que apoiarán ao alumnado participante.


Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Galeguiña

Desgraciadamente, para moita xente o galego é iso, cousa de vellos, de vilegos e de frikis nacionalistas neofalantes, (sobre todo nas cidades). O que está por ver é si con lexislacións de imposición (inmersión obligatoria, multas por non rotular na lingua rexional, obrigar ao sector privado a usalo....) será tamen cousa de fascistas.

1 uu1

Concordo totalmente que para a supervivência da nossa língua, esta tem que ser usada de maneira habitual, e dizer, todos os dias e por suposto fora da escola. Que é necessário para que isto suceda? Tem contidos e atividades na nossa língua, se só 2 de 30 canais da TDT, 1 jornal em papel, cero revistas, escasso 20 por cento em jornais digitais, radio, cero nas plataformas de tv digitais, cero em os cinemas, como se consegue o dos 21 dias em galego? Ailhandose do mundo? A solução é a bi normativa para aproveitar as variedades da nossa língua! Se a nosso língua sobrevive, será possível produção em galego na Galiza, se continua com a tendência atual, a nossa língua desaparecera e já não precisaremos de falar de normativas nem de farrapo de gaitas!!

1 nostrus

Tranquilo que o galego non morre, soportou séculos escuros, pero tampouco é preciso convertila en relixión mais alá dos que lle queirades rezar. O galego é unha lingua viva e oficial en Galicia para que a use todo aquel que queira, pero non é necesario que ningún galego troque o seu chip lingüistico, como tampouco é necesario que toquen a gaita mais dos que lle guste facelo, nin que vaian a misa mais dos que queiran. Si o galego esta en inferioridade co español é pola sua dimension e non porque ninguén lle teña manía e hai que recoñecer que o maior patrimonio inmaterial dos galegos é o castelan por moito que os nacionáticos se laien. e os dous idiomas son propios dos galegos.

2 Ueqj

O portugués non é unha variedade de galego, senón outra lingua, coa súa gramática, léxico, fonoloxía propia, etc...

3 uu1

Agradeço seus comentários, esta vez fai-me rir. Como brincadeiras não estão nada mal. E seguindo com as brincadeiras eu já sei que o melhor galego é ... o de Valladolid. Tanto lhes molesta que ademais do castelhano, os galegos podamos selecionar o galego (no seu defeito, o português do Brasil) por exemplo na TDT? Sodes tam supremacistas que não vos vasta com ter todos os contidos em castelhano, quererdes que sejam só em castelhano. Viajar um pouquinho mais é descobrir que o mundo está cheio de cores e idiomas (e dentro dum mesmo idioma há múltiplas variedades fonéticas, e o castelhano e um bom exemplo, escuitade a um cubano, argentino, colombiano, chileno, venezuelano, mexicano, e sim, o 75 por cento dos que falam castelhano sesean). Mais educação e menos intolerância.