Gonzalo Caballero asegura que o Estatuto de Consumidores Electrointensivos aprobarase "en poucas semanas"

No Consello de Ministros deste martes, aprobáronse a Declaración de Emerxencia Climática e Ambiental de España e a subida mínima comprometida do 2% do salario dos empregados públicos en 2020.

Por E.P. | VIGO | 21/01/2020 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, afirmou que o Estatuto de Consumidores Electrointensivos "xa se atopa canalizado" e asegurou que o Goberno o aprobará "en poucas semanas".

Tras participar este martes nun acto en Vigo, o xefe de filas dos socialistas galegos puxo en valor que o Executivo que preside Pedro Sánchez vai dar luz verde pouco despois da súa entrada en funcionamento a un documento sobre o que o Goberno de Mariano Rajoy "non expuxo nin o borrador".

Ademais, criticou que, durante cinco anos, o anterior Executivo non elaborase "nin unha páxina" deste instrumento, que busca garantir a competitividade das empresas electrointensivas, que afrontan un custo da electricidade máis elevado que compañías situadas noutros países.

Adicionalmente, Gonzalo Caballero puxo en valor que, "en oito días de goberno", o Goberno que preside Pedro Sánchez xa tomase medidas en "materias transcendentais". Así, lembrou que, no Consello de Ministros deste martes, aprobáronse a Declaración de Emerxencia Climática e Ambiental de España e a subida mínima comprometida do 2% do salario dos empregados públicos en 2020.

O secretario xeral do PSG-PSOE, Gonzalo Caballero. Europa Press
O secretario xeral do PSG-PSOE, Gonzalo Caballero. Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta