Por Europa Press / Redacción | Ourense | 23/10/2025 | Actualizada ás 11:53
A xoven de 29 anos desaparecida dende o martes 21 de outubro na zona de San Amaro, foi localizada con vida este mércores. O rescate tivo lugar na montaña de Ribadavia, onde presentaba signos de hipotermia.
O operativo de rescate contou coa participación de Bombeiros GES Ribadavia, a Garda Civil de Leiro, o 061 de Ribadavia e a Policía Local, que lograron trasladar rapidamente á moza ao PAC de Ribadavia para recibir asistencia médica.
A familia da rapaza agradeceu a colaboración cidadá e o traballo dos servizos de emerxencia, que resultou decisivo para garantir a seguridade da moza.
O caso finaliza de momento coa localización da xoven, mentres as autoridades lembran a importancia de alertar rapidamente en situacións de risco para facilitar a intervención inmediata.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.