Por Europa Press / Redacción | VIGO | 24/10/2025 | Actualizada ás 18:54
O 98,2% dos colexios e institutos galegos dispoñen de bibliotecas en activo, 15,7 puntos por encima da media estatal, segundo datos do Ministerio de Educación. O conselleiro Román Rodríguez destacou que estes espazos son fundamentais para a educación, fomentan a lectura e favorecen o traballo en equipo, estando abertos tamén ás familias.
A Xunta impulsa os centros con melloras de espazos, mobiliario e recursos. Ademais, 830 centros participan en programas como o Plan Plambe, 458 en Clubs de Lectura, 240 en Radio na Biblio, 212 en Biblioteca Creativa e 132 en Lectura e Familia.
O conselleiro de Cultura, José López Campos, resaltou a función das bibliotecas como difusores culturais e anunciou un investimento de 2,45 millóns de euros para 2026. Tamén avanzou a elaboración do terceiro Mapa de Bibliotecas de Galicia e a continuidade do programa móbil ‘As Furgotecas’ en 30 concellos.
Entre obras en centros, destaca a rehabilitación integral do Colexio A Igrexa-Calo, cun 70% executado, e o cambio de cuberta no Plurilingüe dos Tilos. Rodríguez subliñou que estas actuacións melloran confort, eficiencia e dotan de novo impulso aos colexios con máis de 50 anos de antigüidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.