Por E.P. | A CORUÑA | 21/01/2020 | Actualizada ás 17:34
O concelleiro de Sadamaioría Francisco Montouto anunciou este martes a súa decisión de deixar a política por "cuestións persoais", o que implica a súa renuncia como edil no Concello de Sada, segundo informa esta formación.
Nun comunicado, Sadamaioría agradece "o esforzo e dedicación" do seu concelleiro, que asumiu labores de goberno no ano 2015, "feito que propiciou, entre outras cousas, que o Concello de Sada conte por vez primeira na súa historia cun Plan Xeral de Ordenación Municipal", remarca.
No lugar de Montouto, entra na corporación como concelleira Marisa Rúa, número oito da candidatura de Sadamaioría nas pasadas eleccións de maio de 2019, tras a renuncia por cuestións laborais de Jose Ramón Callejo, número sete da lista. A nova edil asegura encarar esta nova etapa "con forza e ilusión" e co obxectivo "facer un pobo máis solidario, diverso e próximo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.