Familiares de 20 vítimas galegas do Holocausto súmanse á querela arxentina contra o franquismo

Denuncian "corresponsabilidade" do réxime na súa deportación a pesar das "reiteradas solicitudes da embaixada alemá para cambiar o destino" destes republicanos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2020 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

Familiares de 20 familias de galegas do Holocausto sumaranse á querela arxentina contra o franquismo para denunciar a "corresponsabilidade" do réxime na súa deportación a pesar das "reiteradas solicitudes da embaixada alemá para cambiar o destino" destes republicanos.

“LOS ESPAÑOLES ANTIFASCISTAS SALUDAN A LAS FUERZAS LIBERADO-RAS” escribiron os republicanos cando as tropas americanas liberaron Mathausen.
“LOS ESPAÑOLES ANTIFASCISTAS SALUDAN A LAS FUERZAS LIBERADO-RAS” escribiron os republicanos cando as tropas americanas liberaron Mathausen.

Diso informou a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), que detallou que prevé presentar as denuncias, que previamente dará a coñecer en distintos actos públicos, ante o Consulado de Arxentina en Vigo.

A entidade considera que para os familiares é reparador que por primeira vez un organismo oficial, neste caso o Xulgado Nacional número 1 de Arxentina, a través da representación consultar neste país, recolla oficialmente "tantos padecementos das vítimas galegas do Holocausto nazi".

"Vítimas que o foron porque o Estado franquista, a propósito do que sucedía, permitiu a súa deportación a pesar das reiteradas solicitudes da embaixada alemá e de moitos familiares para cambiar o destino destes homes e mulleres republicanos", indicou.

As denuncias foron redactadas pola avogada da asociación ante a causa arxentina, Ana Messuti, quen considerou que "lembrar esas vítimas, telas ben presentes, é esencial desde a perspectiva xurídica".

"Por unha banda, porque reafirma a cualificación de xenocidio ao vinculalo a un exterminio cuxo carácter xenocida ninguén pode pór en dúbida e, por outra, porque universaliza a represión franquista, non circunscribíndoa ao territorio español", asegura.

Precisamente, para dar a coñecer os casos, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica celebrará distintos actos a partir do próximo luns, día 27 de xaneiro, na Coruña, Vigo e Ourense.

A asociación lembrou que a coñecida como "querela arxentina" é un proceso xudicial iniciado o 14 de abril de 2014 coa presentación do caso de Darío Rivas, fillo do alcalde republicano de Castro de Rei (Lugo) ante un xulgado arxentino para buscar a aplicación do principio de xustiza universal, "o dereito da xustiza doutro país a investigar crimes contra a humanidade que non estean a ser investigados pola xustiza local".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta