O ex director xeral da CRTVG, Francisco Campos, recibe o Premio Diego Bernal 2020

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2020 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

O xornalista galego, ex director xeral da CRTVG, e profesor da Universidade de Santiago de Compostela Francisco Campos Freire recibirá este xoves o Premio Diego Bernal 2020, un galardón que a Asociación de Xornalistas de Galicia (APG) outorga cada ano pola súa "dilatada traxectoria profesional en distintos medios de comunicación de Galicia e o seu labor actual de catedrático da Facultade de Ciencias da Comunicación".

A homenaxe celebrarase este xoves ás 14,30 horas no hotel Puerta do Camino de Santiago de Compostela e á cita acudirán ata 150 xornalistas da información de toda Galicia. Ademais, a homenaxe correrá a cargo do seu compañeiro de profesión e tamén profesor Xosé López García.

Nun comunicado, a xunta directiva da Asociación de Xornalistas de Galicia (APG) explicou que esta será a XXV edición do premio xornalístico Diego Bernal e que esta vez recoñece a traxectoria de Campos Freire "en distintos medios de comunicación" galegos tanto como xornalista, como no seu traballo de xestión da empresa de comunicación.

A traxectoria de Francisco Campos pasa por diversos medios: empezou a súa actividade profesional como delegado de La Voz de Galicia en Lugo (1979-1985), subdirector e director da Rexión de Ourense (1985-1990), director-xerente de Axencia Galega de Noticias (AGN) en 1990-94, director xeral da Compañía Radio Televisión de Galicia de 1994-2005 e presidente de FORTA en 1994, 1997, 2001 e 2004.

Ten varios libros editados, o tres últimos sobre "O cambio mediático" (2009), "O novo escenario mediático" (2010) e "Gobernación e comunicación en Europa" (2011). "Todos eles son méritos que cumpren sobradamente cos criterios establecidos pola APG para outorgar o Premio Diego Bernal a unha traxectoria profesional", conclúe a asociación de xornalistas.

Francisco Campos Freire, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e xornalista galego. APG
Francisco Campos Freire, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e xornalista galego. APG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta