A censura de Twitter a Vox por "promover a pederastia" tamén chegou a Galicia

A red social restrinxiu ao partido de extrema dereita durante 24 horas por "incitar ao odio".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/01/2020 | Actualizada ás 20:37

Comparte esta noticia

A rede social Twitter suspendeu a conta oficial de Vox. Todo empezou porque a portavoz do PSOE, Adriana Lastra, chamou "retrógrados" ao partido de extrema dereita por defender o 'Pin parental' nos colexios. A formación de Abascal, recriminou á socialista que "cos cartos públicos se promove a pederastia" nos colexios.

Santiago Abascal, presidente de VOX  nun mitin de Vox en Vigo (Galicia, España), o xoves 24 de outubro de 2019.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Santiago Abascal, presidente de VOX nun mitin de Vox en Vigo (Galicia, España), o xoves 24 de outubro de 2019.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press

A rede social informoulles da censura temporal "dalgunhas funcións da súa conta", debido a que non se pode incitar ao odio. De feito, esta censura chegou a todas as contas de Vox, incluída a de @voxgalicia. Posteriormente, contas como a de Vox da Coruña fixéronse eco, pedindo liberdade de expresión.

Manuel Mariscal, diputado de Vox por Toledo, preguntouse na súa conta persoal "contra quen incitan ao odio" ao que Twitter respondeu: “Prohibimos dirixir ás persoas contido destinado a incitar ao medo/difusión de estereotipos de temor sobre unha categoría protexida, o que inclúe afirmar que os membros dunha categoría protexida teñen máis probabilidades de participar en actividades ilegais”. O partido de ultradereita asegura que non retirarán o comentario.

Con todo, a conta oficial do PSOE xa se pronunciou sobre o tema "Twitter xa respondeu, non fai falta dicir nada máis".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

Nótase que a empresa do twitter non é hespañola. Non censuraron a unha usuaria por facer chistes de CarreroBlanco, pero o Tribunal de Orden Público de Hespaña (alias AudienciaNacional) chegou a procesala.