Está o audiovisual galego nunha época dourada?

Opta a 10 galardóns nos Premios Goya, incluídos os de mellor película e mellor director. Oliver Laxe, Luís Tosar e Santi Prego teñen posibilidades de acadar premio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2020 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

O Palacio de Deportes de Málaga acollerá este sábado, día 25, a gran gala do cinema español, os Premios Goya, uns galardóns nos que Galicia e o audiovisual galego está representado por 10 candidaturas, entre as que figuran as de mellor película e mellor dirección.

Son, como ocorreu noutros festivais nacionais e internacionais, para a recoñecida película 'O que arde', de Oliver Laxe, que compite por facerse co Goya á mellor longametraxe xunto con 'Dolor y gloria', 'Intemperie', 'La trincheira infinita' e 'Mientras dure la guerra'.

Laxe aparece, ademais, como candidato ao Goya á mellor dirección, que se disputará con Jon Garaño, Aitor Arregi e José Mari Goenaga; Pedro Almodóvar e Alejandro Amenábar.

Tamén para 'O que arde' --coprodución internacional a cargo de 4A4 Productions, Miramemira e Tarántula-- é unha das candidaturas á mellor actriz revelación, á que opta, aos seus 84 anos, Benedicta Sánchez.

No ámbito masculino, o de actor revelación, o audiovisual galego fai dobrete coa candidatura de Santi Prego, por 'Mientras dure la guerra', e con Enric Auquer, que opta a este premio pola súa participación na película 'Quien hierro mata', coproducida por Vaca Films e ambientada en Galicia. Tamén o seu protagonista, o galego Luís Tosar, opta ao Goya ao mellor actor principal, que se disputa con Karra Elejalde, Antonio Banderas e Antonio de la Torre.

SON, ANIMACIÓN E FOTOGRAFÍA

O cuarto Goya ao que opta 'O que arde' é o de mellor fotografía, que podería ser para Mauro Herce, mentres que 'Quien hierro mata' tamén é candidata ao Goya ao mellor son, en nome de David Machado, Yasmina Praderas e Gabriel Gutiérrez.

Finalmente, o audiovisual galego tamén está representado nos Goya 2020 no premio de mellor curto de animación, ao que opta 'Homomaquia', do lucense David Fidalgo; e polo coruñés Eligio Montero que, xunto con Salvador Simó, son candidatos ao Goya ao mellor guión adaptado por 'Buñuel no labirinto das tartarugas'.

Fotograma do filme 'O que arde' (Oliver Laxe, 2019)
Fotograma do filme 'O que arde' (Oliver Laxe, 2019)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta