Nace Cerna TV, a primeira canle cunha programación integramente sobre contidos medioambientais

O primeiro traballo desta nova canle é unha entrevista co doutor en Ciencias Biolóxicas, Ramón Varela Díaz, que tratará a cuestión das empresas electrointensivas en Galicia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/01/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Asocación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA, anunciou este luns 27 de xaneiro o comezo da actividade de Cerna TV, unha iniciativa que se apoiará na plataforma Youtube para subir vídeos con contidos relacionados co medioambiente e o patrimonio natural e cultural de Galicia. Desde a asociación ecoloxista apuntan que esta é “a primeira canle audiovisual galega destinada estritamente á difusión pública de contidos ambientais e ecoloxistas do noso territorio”.

Entrevista Ramón Varela en Cerna TV
Entrevista Ramón Varela en Cerna TV | Fonte: cerna tv

Cerna TV nace como unha ferramenta que ADEGA usará para ampliar e diversificar os medios de comunicación pública dos que dispón. Tamén pretenden divulgar producións alleas así como a produción de contidos para as redes sociais de cara ao público máis familiarizado con estes soportes. A iniciativa, enmarcada dentro do Proxecto Cerna 2019 que contou coa colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña. O primeiro traballo desta nova canle é unha entrevista co doutor en Ciencias Biolóxicas, Ramón Varela Díaz, que tratará a cuestión das empresas electrointensivas en Galicia.

Esta nova canle contará con diversos apartados ou seccións que se establecen en función do tipo de contidos. En todos os apartados se recollerán tanto producións propias como alleas. As temáticas van desde Conservas co ecoloxismo, entrevistas realizadas a persoeiros destacados do mundo ecoloxista e no ámbito da defensa ambiental. Eventos, gravacións audiovisuais de eventos relacionados co activismo ecoloxista ou coa divulgación e formación en medio ambiente. Video-denuncia, onde se poderán volcar aqueles vídeos que traten de denunciar unha agresión ambiental no territorio galego. Por último, documental, para vídeos de produción interna e allea que estean feitos en forma de documentario, ben de carácter histórico, explicativo ou tutorial ou reivindicativo.

Logo de Cerna TV
Logo de Cerna TV
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta