CC.OO. advirte á Xunta que cultura "é máis que o Xacobeo" e esixe que reabra o Museo Etnolóxico de Ribadavia

O museo atópase "pechado por falta de persoal".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2020 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

CC.OO. lembrou este luns á Xunta que "a cultura é algo máis que o Xacobeo" e esixiu a reapertura do Museo Etnolóxico de Ribadavia, que se atopa "pechado por falta de persoal".

Museo Etnolóxico de Ribadavia
Museo Etnolóxico de Ribadavia | Fonte: Xunta.

Para o sindicato, esta circunstancia é "un exemplo do abandono" dos centros públicos por parte da Consellería de Cultura.

CC.OO sinala que o peche do museo "debe ser reprobado" polo Concello, xa que se trata de defender "un servizo público que forma parte da cultura de base dos pobos".

A organización sindical lamentou que a Consellería "non poña en valor o enorme e valioso traballo que realiza" o Museo Etnolóxico de Ribadavia, tanto no que respecta ás súas obrigas como Administración que "garda e xestiona a nosa memoria colectiva", como polo seu carácter de institución "cunha sólida implantación e implicación" na vida desta localidade ourensá.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta