A CIG reclama a construción do dique cuberto en Navantia Ferrol

É unha "obra fundamental para a viabilidade operativa" da construción de buques no estaleiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2020 | Actualizada ás 20:32

Comparte esta noticia

A CIG reclamou como investimento "prioritario" o impulso do dique cuberto de Navantia Ferrol, "obra fundamental para a viabilidade operativa" da construción de buques no estaleiro.

Segundo sinalan nun comunicado, a dirección de Navantia comunicoulles a presentación dun proxecto dunha nova nave para taller de sub-bloques e prefabricación dunha parte da área onde estaba prevista, en principio, a construción das instalacións da nova planta,

Tras dous anos desde a presentación da iniciativa, aínda non se materializou nada do anunciado, nin de xestión nin de consignación orzamentaria, e os investimentos que se realizarán para esta nova nave suporán a cuarta parte do previsto no proxecto anterior (98 millóns dos preto de 400).

Integrantes do Comité de Navantia e da industria auxiliar en Ferrol.
Integrantes do Comité de Navantia e da industria auxiliar en Ferrol.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta