Feijóo confirma que a Xunta irá aos tribunais para reclamar ao Goberno que pague o IVE

"Esgotado o diálogo institucional, seguiremos esgotando todas as vías para defender Galicia no ámbito xudicial, esgotaremos todas as posibilidades legais", sentenciou o presidente da Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2020 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou este mércores que o seu Goberno "esgotará todas as posibilidades no ámbito xudicial" para "defender Galicia" e levará aos tribunais ao Executivo que dirixe o socialista Pedro Sánchez co fin de que pague a débeda de 200 millóns derivada da mensualidade do IVE de decembro de 2017.

"Esgotado o diálogo institucional, seguiremos esgotando todas as vías para defender Galicia no ámbito xudicial, esgotaremos todas as posibilidades legais", sentenciou Feijóo, despois de que, no marco da sesión de control, a parlamentaria do BNG Olalla Rodil, que substitúe a Ana Pontón, que acaba de ser nai, o instara a ir aos tribunais.

Despois dunha intervención na que o dirixente dos Peares non escatimou en críticas para o acordo subscrito por BNG e PSOE para investidura de Sánchez, Rodil ironizou con que o presidente ultimamente só acerta "cando rectifica" e "cando copia" ao Bloque. "Por moito que se envolva na bandeira galega agora, non poderá tapar unha década de submisión a Madrid e ao centralismo", advertiu.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, responde os grupos da Cámara no pleno. XUNTA - Arquivo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, responde os grupos da Cámara no pleno. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 arsenio lupin

Xa esta tardando, foi moi de gran baixura ante o seu colega o Marijuano... calaba e calaba do roubo, e agora que están os socis e desapareceron 200 millons de euros di que vai os tribunais, pero por onde tiña que pasar primeiro e pola comisaria da policía o polo cuartelillo a contar... todo.... todo e todo!!!

1 Peares children

Peares, contalle a verdade as galeg@s dos 200 millóns do IVE. Non sexas mentireiro. Que faría Rajoy ?? Tendrá algo que ver ??