Anova tentará o diálogo co BNG para posibles alianzas electorais

Martiño Noriega avanza que en breve comezarán os contactos formais con outras forzas, cos que buscan ir "máis aló" de Podemos e EU. Non descartan a En Marea.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2020 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia

O responsable de relacións políticas de Anova, Martiño Noriega, dixo este sábado que o partido non se pon "nin fronteiras nin límites" para dialogar co espazo "á esquerda do PSOE" de cara a conformar unha candidatura unitaria para as eleccións autonómicas previstas, salvo adianto, para outono deste 2020.

Tras a reunión da Coordinadora Nacional en Teo (A Coruña), Noriega avanzou que en breve comezarán os contactos formais coas direccións doutros partidos políticos, o que irá "máis aló" de Podemos e Esquerda Unida (EU), os seus socios de grupo no Parlamento de Galicia pero cos que non conseguiron reeditar alianzas para as xerais do 2019.

O portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, xunto con Gladis Afonso e Martiño Noriega, integrantes da Coordinadora Nacional de Anova
O portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, xunto con Gladis Afonso e Martiño Noriega, integrantes da Coordinadora Nacional de Anova | Fonte: Europa Press

Neste sentido, afirmou que Anova tentará o diálogo co BNG e, preguntado por En Marea —marca baixo a que toda a esquerda rupturista se presentou aos comicios entre 2015 e 2016 e que rompeu de facto o pasado verán—, apostou por "non vetar a ninguén": "Iremos modulando".

E é que xa en varias ocasións o portavoz de En Marea, Luís Villares, convidara tanto a BNG como a Anova a configurar unha candidatura unitaria "de carácter nacional e progresista", o que excluiría a Podemos e EU. Pola súa banda, a líder do Bloque, Ana Pontón, mantén "man tendida" pero sen renunciar ás súas siglas, porque "a alternativa é o BNG", dixo.

Martiño Noriega explicou que Anova establecerá contactos non só con con estas forzas, senón tamén con outras que vaian "máis aló dos grupos actuais" no Parlamento. "Estamos a todo o que ten transcendencia e peso político á esquerda do PSOE", insistiu.

"TRABALLAR COOPERATIVAMENTE"

Ao seu modo de ver, este espectro político "estaría en disposición non de ser subsidiario" na esquerda "nin de repartirse postos nin pequenas porcentaxes", senón de "traballar coperativamente" para "liderar un cambio político real".

Con esta vontade de axuntar forzas, Anova xa comezara os seus "contactos informais" con ese espectro á esquerda do PSOE, segundo desvelou Noriega. A partir de agora, os nacionalistas farano de maneira "formal" non só con partidos, senón tamén con diversas plataformas e cidadáns "que están a resistir as políticas" de Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta.

Neste mesmo sentido pronunciouse o portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, quen considera que a conformación dunha candidatura alternativa é "unha cuestión de supervivencia para o país" para "acabar con dez anos de políticas do PP".

UN PP "DERROTADO POLA XENTE"

Respecto a conflitos como o do paridoiro do Hospital de Verín e a mina de Touro, Sánchez dixo que os populares "xa non son capaces de ofrecer nada máis" a Galicia e que se atopan "derrotados pola xente" a través dos movementos sociais.

"Feijóo ten que recorrer á censura, mesmo á manipulación informativa e a taparlle a boca a traballadoras e traballadores que desde hai anos reclaman unha sanidade pública digna", engadiu, respecto da polémica instrución emitida desde a Consellería de Sanidade para non permitir que nos centros sanitarios se colguen carteis con contido "difamatorio" contra as institucións públicas.

"Non imos permitir en ningún caso que se amordace xente que está a loitar polo noso benestar", apostilou o líder de Anova, quen tamén lembrou que o vindeiro domingo haberá en Santiago unha manifestación "para reclamar que pare xa a destrución da sanidade pública".

POR ANOVA "NON VAI A QUEDAR"

Conscientes de que Feijóo podería convocar en calquera momento as eleccións galegas —aínda que o PPdeG aposta por esgotar a lexislatura—, Martiño Noriega advertiu que por Anova "non vai quedar" que haxa unha candidatura unitaria do rupturismo na que a súa formación será "un actor fundamental" para o cambio.

"Non imos vetar a ninguén, pero os tempos son os que son e se queremos disputar hexemonías temos que ir aos espazos políticos que nestes momentos teñen incidencia real e tamén aos colectivos, plataformas e mareas municipalistas", subliñou o responsable de relacións políticas de Anova.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

2 Roxalia

Con En Villares e BnG-CxG xamais. Son lixo nazionalista e sicarios de La Vox de Galicia. A unidade que funciona en Galiza é a que se dá entre soberanistas e federalistas. A unidade ten que ser entre Anova, Anticapitalistas, EU, Máis País e Podemos. Punto.

1 Alienao

E punto, non? Como sentenciaba o teu mestre Fraga. Medio troll!!

2 Centroeuropeo

Esa será a unidade (de intereses) que funciona en Vigo. PCG e FPG, dúas ponlas da mesma árbore.

1 eloina

non!!!!! e o que quere o malchamado ----VIEIRISMO, tentan destruilo todo non son nacionalistas son o peor . a marea si pero isto non !!!! non procede pechen a muralla.