Xunta pide por carta ao Goberno central a creación dunha comisión de seguimento do AVE a Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2020 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia

A Xunta remitiu unha carta ao Goberno central para pedir a creación dunha comisión de seguimento das obras do AVE a Galicia.

Tren AVE
Tren AVE | Fonte: Renfe

O escrito, dirixido ao secretario de Estado de Transportes, Pedro Saura, inclúe a demanda para crear un foro sobre a alta velocidade ferroviaria similar ao establecido con outras comunidades autónomas e que se reúna cunha periodicidade mensual.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, instou a activar esta medida para pasar "do terreo da incerteza ao terreo das certezas" e ter "información oficial" e "real" entre as administracións sobre a evolución da obra.

"Pedimos esa comisión, que foi atendida noutras comunidades autónomas e debe ser atendida en Galicia", sinalou, en declaracións aos medios.

Na misiva, Vázquez expresa a súa confianza en que ambas as administracións coincidan na importancia de establecer un marco de interlocución fluído e considera que as fórmulas escollidas nos últimos meses sobre a marcha das obras e a previsión de finalización non foron as máis acertadas, sobre todo polas declaracións "contradictoras" entre as datas da Comisión Europea como de representantes do Estado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta