Todos os grupos parlametarios instan a Xunta a mediar no conflito de Muebles Hermida

Reclaman unha solución que garanta "o mantemento da actividade e os postos de traballo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2020 | Actualizada ás 15:19

Comparte esta noticia

Todos os grupos do Parlamento aprobaron por unanimidade --tras proposta do Bloque-- que a Xunta medie no conflito de Muebles Hermida, empresa con sede en Lourenzá.

Comisión de Industria
Comisión de Industria | Fonte: Europa Press

Na comisión de Industria, a deputada do Bloque Noa Presas defendeu esta iniciativa que urxe unha solución que garanta "o mantemento da actividade e os postos de traballo".

Presas referiuse á "mala xestión" da dirección da empresa, en concurso de acredores e cuxos traballadores se atopan inmersos nun ERTE, que acumula débedas con provedores e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), ademais de falta de pagamentos de varios meses de salarios.

O BNG lembra que recentemente o pleno de Lourenzá pediu a mediación das administracións para buscar unha solución a unha empresa que conta con case un centenar de traballadores. Por iso, empraza á Xunta a actuar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta