Traballadores de Isidro 1952 denuncian que levan desde novembro sen cobrar

Teñen a esperanza de que apareza un comprador que garanta o seu futuro.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/02/2020 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

Traballadores da empresa pesqueira Isidro 1952 esperan que salga un comprador que garanta o seu futuro, mentres denuncian que levan desde novembro sen cobrar. Fixérono coincidindo cunha concentración ante o Concello da Coruña, con motivo do debate dunha moción do BNG sobre a situación da empresa.

Protesta ante a sede de Isidro 1952 en Cambre
Protesta ante a sede de Isidro 1952 en Cambre | Fonte: CIG.

O texto, que obtivo o apoio do PSOE, Marea Atlántica e Ciudadanos e contou coa abstención do PP, insta a Xunta a que realice un control efectivo das axudas e créditos concedidos á empresa.

Tamén require á Consellería de Industria que asigne os recursos públicos necesarios para garantir a pervivencia da compañía e o mantemento dos postos de traballo.

A presidenta do comité de empresa, Olga Rodríguez, asegurou que, coa entrada do administrador concursal, "os despedimentos están paralizados", así como os "cambios substanciais" nas condicións laborais dos traballadores.

No entanto, explicou que nestes momentos traballan "en días alternos" e que levan sen cobrar "desde novembro".

Sobre a administración concursal, explicaron que lle solicitaron unha reunión e que esperan que lles convoque "esta semana". "Esperamos que si", dixo a presidenta do comité ao ser preguntada se espera que apareza un comprador.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta