Temas: POLICíA VERIN

O Concello de Verín, obrigado a facer fixos a dous auxiliares de Policía Local que encadeaban contratos cada verán

A Xustiza considera que o Consistorio "optou por unha contratación temporal fraudulenta cando os postos de traballo eran de natureza estrutura".

Por E.P. | OURENSE | 07/02/2020 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

Os xulgados obrigaron ao Concello de Verín (Ourense) a declarar como persoal fixo descontinuo, con dereito a traballar catro meses ao ano, a dous auxiliares da Policía Local que cada ano asinaban un contrato temporal durante o verán.

Axentes da Policía Local
Axentes da Policía Local | Fonte: CLM24 Axentes de Policía Local. ARQUIVO Axentes de Policía Local. ARQUIVO

En concreto, estas decisións adoptáronas os Xulgados do Social Número 2 e Número 3 de Ourense, que aínda que recoñecen o "aumento notorio" da poboación do municipio durante a época estival, é unha situación "permanente e estrutural", xa que se dá todos os anos.

Por iso, os xuíces remitíronse á xurisprudencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) para sinalar que "a modalidade contractual adecuada para este tipo de relacións laborais é a indefinida/fixa descontinua".

Ademais, ambos os xulgados continúan citando a doutrina do alto tribunal galego e advirten que o Consistorio "optou por unha contratación temporal fraudulenta cando os postos de traballo eran de natureza estrutural e por tanto deberían de ser convocados como fixos desde o principio".

Tras estas sentenzas, a CIG emitiu un comunicado no que di esperar que o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, "impida o abuso da temporalidade" e "cumprimente" as sentenzas. "E que non nos obriguen, como veñen facendo nos últimos tempos, a reclamar a execución forzosa das mesmas", engade o sindicato.

Non en balde, a CIG asegura que na provincia de Ourense hai "ducias de auxiliares da Policía Local de diversos concellos" que "poderían formular a mesma reclamación para converter a súa relación laboral a fixa, sen necesidade de superar un segundo proceso selectivo ou oposición".

Temas: POLICíA VERIN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta