Óliver Laxe a Shakira: "como fan en España para pronunciarche ben o nome?"

O director de cine galego, coñecido polo seu éxito internacional co filme 'O que arde', vén de amosar a súa inquedanza pola incapacidade das persoas españolas en pronunciar correctamente o seu apelido.

Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 13/02/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

T.G.- Óliver Laxe non acaba de entender por que españois e españolas non dan pronunciado como corresponde o seu nome e amósase contrariado en cambio por seren estes capaces de dicir Shakira, Shakespeare ou palabras en inglés como show, shower ou milkshake. Óliver afirma non comprender de onde resulta este problema, e para dar cunha solución o director tentará poñerse en contacto coa cantante Shakira para ver se esta ten algún truco que ensinarlle para que en vindeiros acontecementos todas as persoas entre o Padornelo e os Pirineos poidan referirse a el como Laxe e non Lakse.

O cineasta Oliver Laxe. GVA - Arquivo
O cineasta Oliver Laxe. GVA - Arquivo

O punto de inflexión desta problemática foi na pasada gala dos premios Goya, onde, 'O que arde' colleitou dúas estatuiñas, mellor actriz revelación con Benedicta Sánchez e á mellor fotografía, que recolleu Mauro Herce. Durante toda a gala e ante o éxito da película galega non foron poucas as veces que o apelido de Óliver saiu á palestra, ata chegar a ser Trending Topic na rede social Twitter e tamén en Mastodon.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta