Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2020 | Actualizada ás 17:33
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inicia estes días a axenda oficial da súa primeira viaxe do ano a Cuba, que centrará en coñecer de primeira man á situación que vive a comunidade galega no país.
Segundo informou a Xunta, ao longo dos próximos días, o responsable autonómico manterá diversos encontros coas autoridades españolas e cubanas, así como con membros da colectividade galega residente na illa.
Miranda tamén dedicará a súa estancia no país a seguir a evolución das necesidades da poboación galega que vive nas rexións máis afastadas á capital.
Cuba é o terceiro país con maior número de galegos, con 43.480 persoas, dos que menos do 10%, 420, son nados en Galicia, e o resto son descendentes, nacidos xa no seu país de destino. Do total de galegos residentes en Cuba, 11.697 pertencen á provincia da Coruña, 14.922 á de Lugo, 13.473 á de Ourense, e 3.388 á de Pontevedra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.