Premio Dioxina 2019 ao director xeral de Minas e á Dirección Xeral de Patrimonio por favorecer ás grandes industrias

O premio Osíxeno foi para Manuel García, un dos fundadores do Movemento Ecoloxista da Limia, e para a Asociación Ambiental Senda Nova.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 18/02/2020 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

Adega susependeu a actividade medioambiental da Xunta en 2019. Na 19ª edición dos premios Osíxeno e Dioxina cos que se quere subliñar o mellor e o peor do pasado ano desde a perspectiva ambiental e ecoloxista, a organización ecoloxista castigou en dúas ocasións ao Goberno galego, pola destrución do patrimonio ambiental e cultural a favor a industria forestal, enerxética e mineira.

O director xeral de Enerxías e Minas, Anxo Bernardo Tahoces, na presentación deste luns do programa de apoios de eficiencia enerxética da Xunta.. XUNTA
O director xeral de Enerxías e Minas, Anxo Bernardo Tahoces, na presentación deste luns do programa de apoios de eficiencia enerxética da Xunta.. XUNTA

Así, os premios Dioxina 2019 penalizaron as accións ou actitudes do ano máis nefastas para o medio ambiente galego. E, neste caso, os premiados foron o actual Director Xeral Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, por “avalar a autorización de proxectos altamente agresivos co medio natural con forte oposición social como a mina de Touro-O Pino, o parque eólico Serra do Iribio ou a mina de San Finx (Lousame)”.

Adega, denuncia que Tahoces tamén foi un dos máximos instigadores da coñecida como “Lei de Depredación”, “deseñada para socavar a protección ambiental e reducir o control público de actuacións agresivas como minas e instalacións enerxéticas”.

A organización ecoloxista tamén outorgou o Premio Dioxina colectivo 2019 para os responsábeis da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural polo “seu desleixo e actitude de deixar facer” á industria forestal ou mineira fronte á protección do patrimonio cultural. Así, poñen os casos concretos do Castro de Trinidade, Cova Eirós ou o Camiño de Santiago.

“A D. X. de Patrimonio Cultural, baixo a tutela dos seus responsábeis, semella actuar máis como un servizo forense que certifica as desfeitas do noso acervo arqueolóxico e histórico que como o organismo responsábel de velar pola súa conservación e recuperación”, denuncia.

PREMIOS OSÍXENO

Por outra banda, o premios Osíxeno de Honra, concedidos para subliñar unha traxectoria vital en defensa do ambiente e do patrimonio do país, foron para  Elvira Cienfuegos, catedrática de Ciencias Naturais, bióloga, docente, política e ex-secretaria xeral de ADEGA. E, os premios individual e colectivo do 2019 van para Manuel García, un dos fundadores do Movemento Ecoloxista da Limia e da plataforma Auga Limpa Xa!, e para a Asociación Ambiental Senda Nova.

Manuel García foi pioneiro na produción e comercialización de horta ecolóxica en Galiza. Ademais, destaca a súa actividade a prol da defensa ambiental da comarca da Limia fronte á contaminación de terras e mananciais procedente da industria cárnica intensiva, así como pola reivindicación dun modelo agrogandeiro máis sustentable. Actualmente, Coren ameaza con reclamarlle máis de 1 millóns de euros por presuntas “difamacións” contra a empresa.

A Asociación Ambiental Senda Nova destaca por poñer en valor o seu traballo durante 2019 e na última década a prol da educación ambiental nas comarcas de Bergantiños, Soneira e Ordes, converténdose nun referente na zona na organización de actividades de interpretación da Natureza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta