Os pensionistas galegos seguen sendo dos que menos cobran do Estado

Perciben 855,89 euros ao mes, 150 euros menos que a media estatal, a pesar da suba de febreiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2020 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

A pensión media en Galicia segue sendo das máis baixas do Estado aínda que subiu un 2,5% en febreiro deste ano en comparación co mesmo mes de 2019, ata situarse en 855,89 euros, segundo os datos publicados este martes polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

Deste xeito, a pensión en Galicia só está por encima da cifra de Estremadura (838,51 euros) e algo máis de 150 euros por baixo da media española (1.006,85 euros). Por provincias, a pensión máis alta na Comunidade está na Coruña, con 900,56 euros; seguida de Pontevedra (896,60 euros); Lugo (762,54 euros); e Ourense (740,63 euros).

O número total de pensións na comunidade galega alcanzou as 767.141, un 0,2% máis en relación co mesmo mes do ano anterior e representan o 7,8% das do conxunto do Estado. Delas, 299.995 están na Coruña; mentres hai 242.992 en Pontevedra. En Lugo son 116.053 e en Ourense 108.101.

En canto a tipo de pensións, de xubilación contabilizáronse 480.890 na Comunidade no segundo mes do ano, cuxo valor medio foi 972,66 euros.

As pensións de viuvez, un total de 186.307, ascenderon a 610,20 euros de media; as de incapacidade permanente, 69.773, situáronse en 891,18 euros; as de orfandade, 23.562, en 403,99 euros; e as en favor de familiares, 6.609, en 523,52 euros.

Evolución da pensión media en Galicia.
Evolución da pensión media en Galicia. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Antolín o dos cubatas

Y los sindicatos, especialmente CCOO y UGT que tienen federación de pensionistas, que hacen ?