Abascal advirte a Feijóo: "Se non quere pactar con Vox igual se ten que retirar"

Asegura que só pactará co PPdeG se entran no goberno co obxectivo, entre outros, de protexer o uso do español.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/02/2020 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

O presidente de Vox, Santiago Abascal, mostrouse este martes disposto a chegar a acordo co PP en Galicia se os seus votos son necesarios para formar Goberno tras as eleccións do 5 de abril. E se o presidente da Xunta e candidato dos 'populares', Alberto Núñez Feijóo, mantén a súa negativa a falar con Vox, Abascal suxeriu que "igual" a solución é que se retire e deixe paso a outro compañeiro.

Nunha entrevista en EsRadio, recollida por Europa Press, o líder de Vox reiterou a autonomía do seu partido nas eleccións vascas e galegas do próximo 5 de abril e insistiu en que o seu partido é necesario porque defende postulados aos que "renunciou" o Partido Popular.

Ademais, lembrou que o PP "excluíu a Vox" dos pactos no Congreso ou os gobernos de Andalucía, Madrid e Murcia, onde optou por Cidadáns. "A nós non nos chamou ninguén", resumiu apuntando que só queren "os votos e as cotas" dos militantes de Vox "pero sen Vox nin os seus dirixentes". "Queren ter unha marca suaviña que lles permita dicir aos votantes de Vox que poden votarlles a eles", acusou.

En calquera caso, aceptou que poderían chegar a acordos en Galicia se os escanos que consiga Vox son necesarios para formar Goberno e sinalou algunhas das condicións que o seu partido poría sobre a mesa, como cuestións en materia lingüística para protexer o uso do español. Segundo insistiu, nesas negociacións "sempre ten que haber condicións", aínda que Vox non acudiría ás reunións con "liñas vermellas" porque é consciente da súa realidade.

Neste sentido, sobre a reiterada negativa de Feijóo a negociar co seu partido, Abascal recoñeceu que "o máis probable" é que o candidato 'popular' tente chegar a acordos "con outros". "Igual vale con que o candidato se retire e e sexa outro", suxeriu como forma de facilitar os pactos.

Vox fará públicas esta semana as súas candidaturas nas tres provincias vascas e as catro galegas, aínda que non oficializará un 'número un' á Xunta e a Lehenkaritza en liña co seu modelo de partido sen baronías rexionais e sustentado nas provincias como o chanzo inmediatamente inferior á dirección estatal.

O presidente de Vox, Santiago Abascal,na tribuna do Congreso. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo
O presidente de Vox, Santiago Abascal,na tribuna do Congreso. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

8 Raquel

Abascal presidente.Que non vos enganen hay que ver o despilfarro agora ,cando non teñamos pensións todos estes estarán xenial .Abascal defende os españois parece mentira que no no no vexa a xente.Se fose el presidente viviriamos millor é non seriamos os últimos no noso propio país.Primeiro nos que pa eso os nosos pais loitaron por unha clase media en condicións e non hacia o que vamos clase media empobrecida e estos progres chupan do do bote ..Dicen que vos e racista e fascista o que crea eso que escoite os mítines así lle atacan a vox.Pero animovks a ver os seu mítines.Arriba españa son galega e española.

7 Raquel

Vox somente defende España e os españois.Primeiro os intereses nosos e despois os máis.E o que fan en outros países.Non vexo o problema.Por favor mirade os mítines antes de falar.Estan gobernando en extremadura e moi ben.O que pasa é que as verdades poden facer papa os que chupan do bote.por eso dicen racistas fascistas...Como estivera vox as pensións dos nosos maiores e as nosas estarían asegurada e non despilfarrarian en moitas axudas e axudas.Abascal presidente.

1 PP = VOX

Ola señora trola, Que tal por la meseta? como va la aridez estival? Seguís utlizando bots para escribir comentarios o sois de un call center con Google Translate? Yo antes era negro, homosexual y mujer (e era galego) y votaba a VOX pero ahora que dejé de ser un trol a sueldo y multinick voto solo a partidos democráticos y que no me den asco (en gallego: noxo) (nokso no, noxo, suena distinto)

6 anonimo

E normal que a ultradereita tente buscar polémicas para que falen dela, pero en Galicia non van sacar nada nen teñen nada que facer. E punto.

5 anonimo 2

Pois eu penso que os partidos da oposição na Galiza já estão tardando em aclarar que num cenário onde Vox poda ser decisivo, apoiaram ao PP de Feijóo para que Vox quede ilhado que é o que fam os partidos democráticos com os partidos fascistas. E que tenha dúvidas que mire cara a Alemanha

1 Bateiro

Podes decirnos cuál é a diferenza entre o pp e vox?. Eu non vexo ningunha, máis alá de que o pp cala e fai o mesmo que os outros cacarexan. En canto a demócratas non hai diferenzas, son os duos igual de fascistas e criminais.

2 Ana

E que igual os que mandan no PP en Génova antes que un goberno de maioria absoluta de Feijoo prefiren un goberno PP-Vox que faga politicas ainda mais centralistas e mellor ainda se Feijoo dimite (de non acadar maioria absluta) e poñen a outro ainda mais sumiso (como recentemente fixeron en Euskadi) e que si asuma o pacto con Vox. O problema de Feijoo, mais que a oposicion galega, penso que serian as ordes que lle chegarian dende Madrid. De ahi a importantancia de votar desta vez ao BNG.

3 anonimo 2

Bateiro deve ser muito jovem, o qual é de invejar. A diferença será que com Vox voltaríamos aos piores anos do franquismo, ..., que é bem certo que semelha que estão bem esquecidos. E desde logo nem eu, nem você teríamos a liberdade de fazermos estes comentários em um meio que possivelmente estaria fechado

4 José

Ánimo Santiago, nos das una gran alegría a todos los gallegos de bien, porque ya está bien eso del gallego. Feijoo lo que quiere es imponer una lengua hueca que se muere y sólo sirve pal cortello. Por eso, les pido a todos los votantes y votantas del PP que apoyen a Don Santiago en esta noble y sagrada causa española. Feijoo que se junte con los nacionalistos, que es lo que él viene a ser.

1 AntonioM

Poder falar co idioma que desexas é unha cousa marabillosa.

2 Raquel

Eu son galega e votante de vox e moi triste escoitar eso dun galego vergoña me das idioma do cortello.Como se pode ser tan inculto.