A Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios estuda realizar "unha análise adicional" do accidente de Angrois

Recoñece que "está a estudar" a posibilidade de "realizar algunha actuación ou análise adicional ao informe" sobre o accidente, aínda que "sen pór en cuestión o realizado".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2020 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

A Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios, en resposta a unha pregunta formulada polo deputado do BNG Néstor Rego, recoñece que "está a estudar" a posibilidade de "realizar algunha actuación ou análise adicional ao informe" sobre o accidente de Angrois, aínda que "sen pór en cuestión o realizado".

Accidente de tren Alvia en Angrois (Santiago de Compostela)
Accidente de tren Alvia en Angrois (Santiago de Compostela) | Fonte: Europa Press.

Así o traslada o Goberno en resposta a unha pregunta escrita formulada polo deputado nacionalista sobre a necesidade de "realizar unha nova investigación realmente independente" sobre este sinistro, no que morreron 80 persoas e máis dun centenar resultaron feridas, tal e como lembra o BNG.

Na súa resposta, o Goberno explica que a CIAF é "un órgano colexiado especializado que goza de plena independencia funcional" e que, por tanto, é el mesmo o que debe tomar "a decisión de realizar unha nova investigación", sen intervención do Goberno para iso.

Por iso, o Executivo deu traslado da petición de Néstor Rego á CIAF e traslada no escrito a súa resposta. Nela, a Comisión asegura que o informe elaborado "realiza unha análise promenorizado, correcto e independente do accidente".

Con todo, e dado que está "interesada en transmitir e mostrar rigor, transparencia e independencia", recoñece que o pleno "está a estudar a posibilidade de realizar algunha actuación ou análise adicional ao informe que, sen pór en cuestión o realizado, profunde e/ou aclare as dúbidas que se suscitaron", destaca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Gamela

Pepe Blanco a que partido socialista pertence, ao de Sánchez ou ao de Zapatero, ou son os mesmos cans de sempre ? Pero Néstor Rego sí sabemos de que pé coxea (UPG) e estamos en campaña electoral (?) // Pepe Blanco en directo SABE TODO da catástrofe de Angrois! https://youtu.be/pAt39plgwoc?t=53s Na Comisión de Investigación NON SABE NADA dos Sistemas de Seguridade! https://youtu.be/1qSxOTdJfno?t=57m4... As vítimas reclaman xustiza! https://youtu.be/y9Hdo9RfdFw

1 Bateiro

Como non? a culpa do BNG. Non sei qué pinta Nestor Rego e o BNG en todo esto máis aló do teu troleo pepeiro. Non tes nada que dizer de Pastor, a claro ela é un dos teus capos do pp. Vas ascendendo cada vez estás máis perto de vox, pronto te chamarán a filas.

2 Gamela

Que pinta Rego? Facerlle unha pregunta moi oportuna ao PSOE para que se podan lucir respondendo que van investigar OS MESMOS QUE INVESTIGARON e non deron co bicho (Pepiño Blanco e as súas ansias de inauguración da liña en campaña electoral PSOE!) En canto Ana Pastor o único que fixo foi seguir TAPANDO como sempre fixeron os dous grandes partidos PPSOE ? Pero tí seica cres que a UPG vai pedir a cabeza do seu SOCIO en Galicia ??? Nin de coña !!!