Temas: DICIONARIOS RAG

A aparición en medios de comunicación, principal motivo para a procura dunha palabra no dicionario da RAG

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/02/2020 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

Os principais factores que inflúen no número de procuras dunha palabra no dicionario da Real Academia Galega (RAG) son a súa circulación nos medios de comunicación ou no mundo escolar. Así se recolle o novo número de 'Cadernos de Lingua' que, segundo informa a institución académica, analiza o que máis inflúe á hora de buscar un termo no citado dicionario.

Dicionario da RAG
Dicionario da RAG

O estudo realizouse a partir da listaxe das 50 palabras máis buscadas no dicionario en liña da RAG no ano 2017.

Nel, remárcase o uso, sobre todo, do dicionario para a procura do significado dunha palabra, pero tamén para resolver dúbidas ortográficas ou buscar sinómimos e antónimos ou "ata coñecer a realización fonética dun termo".

"Estas múltiples posibilidades contribúen ao continuo crecemento no seu uso, que en 2019 superou as 70.000 procuras diarias de media", subliña a RAG.

Temas: DICIONARIOS RAG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta